11.11.06

Gran noticia

Dende hoxe, grazas á sabia decisión e arduo traballo dos asesores xurídicos e históricos do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, vou durmir máis tranquilo. Un dos máis graves e actuais problemas da nosa universidade, enfrontada a complexísimos retos de futuro, vén de ser venturosamente solucionado: Franco xa non é doutor honoris causa pola Universidade de Santiago.
O malo é que non o vai saber nunca.
Someter a historia ás eventuais veleidades da memoria é un risco perigosísimo. A memoria provén da vontade. A historia dos feitos. Aquela, como a vontade, pode modificarse. Esta, como os feitos, non, por moito que se maquille. Ben. É o que toca, tendo en conta as mans nas que estamos. Eu xa o advertín hai tempo.
Outra opinión sobre o asunto, coa que concordo plenamente.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non hai nada máis importante na Universidade de Santiago que quitarlle o Honoris Causa ao difunto dictador, o de menos é a dificil situación financiera, o que pode supor a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, etc.que gran acto de valentía democrática, e digo eu ¿por qué non diron este paso no goberno Fraga?, tiñanlle medo. O que me preocupa é que fan o mesmo que lles pediron os AMI (Asociación da Mocidade Independentista)asociación famosa por poñer bombas e facer a kale borroka (ou como se diga). E digo desde a miña conciencia persoal, que son fillo do franquismo, que o vivín de neno e cun abó que estivo na cadea por comunista e que son votante de esquerdas. Gallaecia Fulget a USC non tanto.

Anónimo dijo...

Parece ser que as nosas universidades pouco se parecen as extranxeiras.Ainda que tamen debe haber casos similares, e o que hai!