6.2.09

PSOEBNG/BNGPSOE/PBSNGOE/PSBOENG...

1) Un. 2) Dous. 3) Tres. Sátrapas do mundo antigo? Corsos patentados? Caciques da máis rancia escola? Estes son os progresistas?
Das asociacións de veciños ás facultades universitarias, dos clubes de fútbol ás deputacións, dos partidos ás oenegués, das autonomías á Moncloa, este país precisa dunha urxente rexeneración moral que, ou empeza polas persoas, ou vai acabar levándonos ao nivel dunha república bananeira, a que o día menos pensado veña un mesías populista e demagogo a rendibilizar en proveito propio que o persoal, coa que está caendo, está ata alí mesmo de ver o que se fai co diñeiro público.
E digo comezar polas persoas; non é tan difícil. Sería algo así como:
1) Home, paréceme unha inmoralidade acceder a un cargo deste xeito, así non o quero.
2) Bueno, non saíu o decanato como queriamos, pero, en fin, haberá que respectar a legalidade, non?
3) Non joder, é un disparate gastar esa animalada nun coche. Non o quero. Quero un que custe a metade e xa me parece moito.
E nós no guindo. Que facemos? Que vai facer vostede? Votar a Rosa Díaz? Jana me dá de mandalo todo ao carallo.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Ui, ui,...... está vostede a punto de ser chamado para ocupar un cargo político de relevancia. Seillo de boa tinta

juan l. blanco valdés dijo...

Si, ho, a Dirección Xeral de Urxente Rexeneración Pública
Lagarto, lagarto!

Anónimo dijo...

Póñase en contacto conmigo, please. Teño algo que ofrecerlle.

Anónimo dijo...

Póñase en contacto conmigo, please. Teño algo que ofrecerlle.

Anónimo dijo...

Póñase en contacto conmigo, please. Teño algo que ofrecerlle.

juan l. blanco valdés dijo...

Síntoo, de verdade. Eu non teño nada que ofrecerlles a vostedes. Nada.

Anónimo dijo...

pida, pida, Juan, pida, non sexa parvo. Xa sabe que esa Dirección Xeral de Rexeneración, xa lla deron a Bibiana Aído, pero loite, non descanse.

Juan L. Blanco Valdés dijo...

Bueno, pois nada, pedirei logo e que sexa o que dios queira... Pero cando me corrompa, non se queixen!!

Anónimo dijo...

Pregunta vostede e eu contesto: caciques da máis rancia escola. Nin máis nin menos. Son moitos anos, amigo Juan, de funcionamento do sistema, e eles, que o teñen sufrido, saben que funciona de pm. Eu xa non lle tiña moitas esperanzas de que fora doutro xeito: levo mooooooooooitos anos vendo a esta xente "carrexar" votos nas eleccións ao máis puro estilo caciquil.
Se Apicultor non me reñe, inda lle direi máis: que a alternancia política inventárona os caciques para garantir que cada quen poidera meter aos seus.
Doe que a (suposta) esquerda abrace semellantes maneiras.