25.2.09
Olé!!
Hai veces que, por vía do inesperado, lle alegran a un o día. Unha amiga miña fala da socialización da dor como unha posible, desde logo necesaria, vía de solución do "conflito" (as aspas son miñas) vasco. O problema dalgunhas guerras, como a que os abertzales pretenden facernos crer que existe en Euskadi, é que só hai unha fronte, e as vítimas sempre están do mesmo lado da trincheira. Que a poboación civil vaia abrindo outras frontes, respostando aos fascistas coa súa mesma melecina, non sei se será o remedio, pero dáme que si. Agora ameazan a un porque lles destrozou un chiringuito. Ameazarán a 100, a 200? Non teño resposta, pero, de por parte, a cousa alegroume o día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Comentario este de un exquisito demócrata, si señor.
Grazas, por tal me teño. Igual de demócrata que o abertzale que ri impune nas narices das vítimas (lembra a SA e os xudeus?) e que posicións como a súa, sen dúbida, alentan.
Sen dúbida, sen dúbida. La profundidad de su análisis resulta asombrosa.
Non se me mal acostumen... En ningún momento pretendín facer unha análise profunda. Ou é que se nos pode negar, como humanos que somos, o dereito -inalienable e que tanto beneficio ten producido á humanidade- a rebentar, a non poder aturar máis o puro noxo? Pois serán análises profundas sobre o rollo patatero vasco o que falta!! Polo demais, recoméndolle vivamente que vaia explicar a súa postura de non respostar á violencia con máis violencia, a defensa a ultranza dos resortes do Estado de Dereito e os valores inmanentes da democracia a unha HerrikoTaberna de, poñamos, Getxo ou Galdakao. Xa me contará.
Apertas.
Por qué os grandes defensores da democracia, os guardians dos dereitos humáns e os que nos botan en cara as nosas simplezas para analisar feitos simples, sempre son anónimos?
Moi ben razoado, Xaime!! Obrigado á visita e comentario. Apertas.
Pero D. Juan, se eu sonlle o Von Stein, pero cando lle falo de cousas serias non lle ando con díxome, díxome nin pataqueiradas e asino como meu nome
No así los grandes defensores de la razón de Estado, siempre con la verdad y el DNI por delante.
Ás veces hai que deixar a razón de Estado para recuperar o estado da Razón. Exactamente iso, coa cara descuberta e dous c., foi o que fixo don Emilio en Lazkoa o outro día.
Publicar un comentario