16.10.08

Taller de ideas

Cun alfónimo verdadeiramente botánico e sosegado, TILO, nace o taller de ideas sobre o libro, coa promoción da Federación de Asociacións Nacionais de Distribuidores de Edicións, FANDE, a Federación de Gremios de Editores de España, FGEE, e a sociedade de xestión CEDRO. Segundo intención dos seus creadores, dende TILO «se generarán propuestas para analizar y contrastar aquellas cuestiones, retos y problemas de actualidad en este sector, con el objetivo de identificar líneas de evolución y posibles soluciones».
Alá veremos. Isto de taller de ideas chirría un pouco, non? É unha expresión de seu estraña, soa coma andamio académico, teoría do serrucho ou metodoloxía do alicates.
As ideas, ademais, poden resultar altamente nocivas. Lémbrame aquilo de:
—Teño unha idea.
—Desfaite dela!

1 comentario:

Ana Bande dijo...

CEDRO, TILO....dentro de pouco nese mundo do libro as árbores non van deixar ver o bosque. Un sorriso para vostede!