Entre outras moitas valoracións, estimacións, opinións, argumentos, matices, extrapolacións, conclusións, criterios, e previsións, celebro comprobar que non hai chulería que quede impune.
10 comentarios:
Anónimo
dijo...
Viña corre que te corre, ver cal era o seu post post. Non hai como saber ser sintéticos, carajo!
Para min a imaxe da xornada foi a de Llamazares saíndo da sede de IU. Que inxusto trato lle deu a democracia deste país!!!! Mágoa, seguro que tería feito grandes cousas.
Esquerra pagou polo que fixo. E eu celébroo. Se somos todos un pouco intelixentes, hai moito sobre o que reflexionar: -O fracaso dos partidos nacionalistas. -A inxusta bipolarización da política española -Que IU vaia ao tacho mentres Rosa Díez, metade de todo, metade de nada, saque un deputado á primeira, arrabañando os votos indecisos duns e doutros. Eso de "trabajaré por la unidad de España" soa rarecho...
Coidadiño, coidadiño, ZP, que un millón de votos non é nada. Segunda oportunidade, sen sombra do 11 M, a ver agora a que se agarran os do PP. En calquera caso, hai que confiar, creo.
O desastre electoral de Esquerra, igual que o de IU, cheira bastante a voto útil da esquerda. Dubido que un independentista catalán castigue a Carod precisamente por esixir que o chamen polo seu nome. A Lamazares pasoulle o que a Carrillo no ano 82. Ou moito me equivoco ou acaban todos no PSOE. A consecuencia máis interesante das eleccións vai ser a limpeza que se debería de producir no PP. Polo de pronto, non me gustaría estar na pel de Acebes ou Zaplana.
A esixencia de Carod a ser chamado polo seu nome (polo seu nome en catalán) era de base ideolóxica, cando a incapacidade do interpelado era de base mecánico-fonética. De aí a chulería. No programa no que se produciu o incidente, me gustaría ter sido sueco ou alemán e esixir a Carod que me chamase, en correcto sueco ou alemán, Øystein ou Wolfgang Dietrich. Verbo da débacle de "tsunami" Llamazares, a -xusta ou inxusta- consolidación bipardista a custa de nacionalismos de pouco pelo (CIU e PNV, coa gran burguesía catalá e vasca detrás son, claro, outra cousa), a utilidade do voto (declaro, por certo, que o meu foi inútil: plumero, plumero...), o futuro imperfecto do PP con que non se sacuda a vella troika, e demais valoracións, estimacións, opinións, argumentos, matices, extrapolacións, conclusións, criterios, e previsións, agradezo os puntos de vista e comentarios. Este local é, como o chef que o rexenta, plural; singular, pero plural. By the way, falando de xustizas e inxustizas e do sistema de representación territorial, lembremos un dato: BNG:votos 208.688; escanos 2. IU: votos 963.040; escanos 2. Hay que joderse. Saúdos.
Pois iso, inxusto. Dubido que a plana maior de IU, acabe no PSOE. O do voto útil é unha putada, pero ao final,unha maioría acabamos obedecendo ao impulso na cabiniña das papeletas, non vaia ser que mañá Acebes sexa ministro de defensa en nos líe a invadir países. Ese sería só algún dos moitos males.
Creo lembrar ben aquel programa no que Carod perdeu os papeis. A incapacidade fonética, se a había (tamén se podían dirixir a el como sr. Carod, que o pronuncia calquera)non era superior á mala idea coa que os interpelantes enfatizaban o J de José e o L de Luís. Víase ben ás claras que tataban de provocalo e abofé que picou coma un peixe. Entre Carod e os do público non sabería dicir cales me parecen menos de fiar. Un saúdo
A "incapacidade" da señora non era tanto "de base mecánico-fonética" como incapacidade ideolóxica para aceptar que un se poida chamar tranquilamente en catalán (que para un español normal non debería ser igual que o sueco ou alemán, amigo Juan Luis, non faga trampa nisto).
Certo que Carod foi un pouco brusco de máis, pero a insistencia da señora en dicilo en castelán (detrás esa idea: estamos en España y aquí se habla español!) tampouco é de recibo. Podía, en efecto, chamarlle señor Carod, que sería o máis correcto e educado.
En fin, que hai de todo en botica. En todas as boticas, amigo Juan Luis, en todas as boticas.
Aínda o grave é comprobar como o que se destaca nos titulares do día despois é o de "Me llamo Josep LLuís" ou "Un café vale 80 céntimos". Agás para o caso de "la niña de Rajoy", que esa si que foi boa. E como non son quen de rectificar, de deixar en paz á rapaza, que agora nin se chama Victoria nin Esperanza, erre que erre coa nena feliz, porque vive nunha España grande y libre, porque ten un papá e unha mamá, que a levan a misa os domingos, os dous nativos españois, sen antecedente foráneo ningún que os estigmatice, de boa familia, con casa na Castellana, y más otra en la playa, dous coches, vacacións a todo trapo, colexio privado relixioso para a cativa, etc, etc. Ese é español para o que vai gobernar o PP, e así, para familias "como dios manda", con petos ben cheos e traballo garantido, non fai falta ocuparse da lei de dependencia, da de violencia de xénero, da de matrimonios gais, nin do desemprego, da suba dos impostos, nin de nada. Ese é o país feliz que nos prometen, onde teñamos todo o necesario. E quen nolo vai dar?
10 comentarios:
Viña corre que te corre, ver cal era o seu post post. Non hai como saber ser sintéticos, carajo!
Para min a imaxe da xornada foi a de Llamazares saíndo da sede de IU. Que inxusto trato lle deu a democracia deste país!!!! Mágoa, seguro que tería feito grandes cousas.
Esquerra pagou polo que fixo. E eu celébroo. Se somos todos un pouco intelixentes, hai moito sobre o que reflexionar:
-O fracaso dos partidos nacionalistas.
-A inxusta bipolarización da política española
-Que IU vaia ao tacho mentres Rosa Díez, metade de todo, metade de nada, saque un deputado á primeira, arrabañando os votos indecisos duns e doutros. Eso de "trabajaré por la unidad de España" soa rarecho...
Coidadiño, coidadiño, ZP, que un millón de votos non é nada. Segunda oportunidade, sen sombra do 11 M, a ver agora a que se agarran os do PP.
En calquera caso, hai que confiar, creo.
Home, Carod é un pouco chuleta, pero creo que tiña razón con esixir que o chamasen polo seu nome.
Pero non me dirá que para chulos-chulos (e bastantes máis cousas), Aznar, Zaplana e Acebes. Ou non?
O desastre electoral de Esquerra, igual que o de IU, cheira bastante a voto útil da esquerda. Dubido que un independentista catalán castigue a Carod precisamente por esixir que o chamen polo seu nome. A Lamazares pasoulle o que a Carrillo no ano 82. Ou moito me equivoco ou acaban todos no PSOE. A consecuencia máis interesante das eleccións vai ser a limpeza que se debería de producir no PP. Polo de pronto, non me gustaría estar na pel de Acebes ou Zaplana.
A esixencia de Carod a ser chamado polo seu nome (polo seu nome en catalán) era de base ideolóxica, cando a incapacidade do interpelado era de base mecánico-fonética. De aí a chulería. No programa no que se produciu o incidente, me gustaría ter sido sueco ou alemán e esixir a Carod que me chamase, en correcto sueco ou alemán, Øystein ou Wolfgang Dietrich.
Verbo da débacle de "tsunami" Llamazares, a -xusta ou inxusta- consolidación bipardista a custa de nacionalismos de pouco pelo (CIU e PNV, coa gran burguesía catalá e vasca detrás son, claro, outra cousa), a utilidade do voto (declaro, por certo, que o meu foi inútil: plumero, plumero...), o futuro imperfecto do PP con que non se sacuda a vella troika, e demais valoracións, estimacións, opinións, argumentos, matices, extrapolacións, conclusións, criterios, e previsións, agradezo os puntos de vista e comentarios. Este local é, como o chef que o rexenta, plural; singular, pero plural.
By the way, falando de xustizas e inxustizas e do sistema de representación territorial, lembremos un dato:
BNG:votos 208.688; escanos 2.
IU: votos 963.040; escanos 2.
Hay que joderse.
Saúdos.
Pois iso, inxusto.
Dubido que a plana maior de IU, acabe no PSOE.
O do voto útil é unha putada, pero ao final,unha maioría acabamos obedecendo ao impulso na cabiniña das papeletas, non vaia ser que mañá Acebes sexa ministro de defensa en nos líe a invadir países. Ese sería só algún dos moitos males.
Creo lembrar ben aquel programa no que Carod perdeu os papeis. A incapacidade fonética, se a había (tamén se podían dirixir a el como sr. Carod, que o pronuncia calquera)non era superior á mala idea coa que os interpelantes enfatizaban o J de José e o L de Luís. Víase ben ás claras que tataban de provocalo e abofé que picou coma un peixe. Entre Carod e os do público non sabería dicir cales me parecen menos de fiar.
Un saúdo
Estou de acordo con M. Diéguez.
A "incapacidade" da señora non era tanto "de base mecánico-fonética" como incapacidade ideolóxica para aceptar que un se poida chamar tranquilamente en catalán (que para un español normal non debería ser igual que o sueco ou alemán, amigo Juan Luis, non faga trampa nisto).
Certo que Carod foi un pouco brusco de máis, pero a insistencia da señora en dicilo en castelán (detrás esa idea: estamos en España y aquí se habla español!) tampouco é de recibo. Podía, en efecto, chamarlle señor Carod, que sería o máis correcto e educado.
En fin, que hai de todo en botica. En todas as boticas, amigo Juan Luis, en todas as boticas.
Aínda o grave é comprobar como o que se destaca nos titulares do día despois é o de "Me llamo Josep LLuís" ou "Un café vale 80 céntimos". Agás para o caso de "la niña de Rajoy", que esa si que foi boa. E como non son quen de rectificar, de deixar en paz á rapaza, que agora nin se chama Victoria nin Esperanza, erre que erre coa nena feliz, porque vive nunha España grande y libre, porque ten un papá e unha mamá, que a levan a misa os domingos, os dous nativos españois, sen antecedente foráneo ningún que os estigmatice, de boa familia, con casa na Castellana, y más otra en la playa, dous coches, vacacións a todo trapo, colexio privado relixioso para a cativa, etc, etc. Ese é español para o que vai gobernar o PP, e así, para familias "como dios manda", con petos ben cheos e traballo garantido, non fai falta ocuparse da lei de dependencia, da de violencia de xénero, da de matrimonios gais, nin do desemprego, da suba dos impostos, nin de nada. Ese é o país feliz que nos prometen, onde teñamos todo o necesario. E quen nolo vai dar?
Publicar un comentario