18.9.06

SOS contra o lume - Nunca máis: X


Quen nos ía dicir que en prazo de tres anos -e mediando cambio de goberno: o pauto do demo despois de dezaseis anos de fraguismo- este paisiño noso ía sufrir dous desastres ecolóxicos da magnitude do chapapote de 2003 e o lume de 2006. En fin, la forza del destino.
Isto da mani SOS contra o lume do último domingo en Compostela pretendeu ser unha sorte de catarse pública, de vendetta emocional do PP tras a debacle do Prestige? Son tal para cal. Entón, cando o mar era negro non demitiu nin o primeiro. Agora, cando o que negro é o monte, tampouco. Empatados en salubridade democrática. Grazas, políticos do país polo exemplo.
Non queda outra? Non hai quen os recambie? É tan caro e ingrato o prezo da independencia? Serán chegados os tempos de reinventar a política, esgotado o sistema de representación dos partidos? Abofé que de xulgarmos polo espectáculo de baixísimo nivel que ofrecen os políticos do momento -or de ajora, que diría unha miña tía xa falecida- a resposta á última pregunta é claramente afirmativa.

No hay comentarios: