2.6.06

Unha historia persoal da edición en España


O outro día presentouse na Feira do Libro de Madrid Imprenta moderna. Tipografía y literatura en España, 1874-2005 (Campgràfic, 2006) de Andrés Trapiello, un percorrido persoal, subxectivo e mesmo lírico pola edición española contemporánea.
Trapiello, polígrafo da vella escola (novelista, ensaísta, editor, crítico, poeta -faceta da que gusto especialmente-, bibliófilo e tipógrafo apaixonado) pensa que o libro debe ser coma un traxe co que te atopas a gusto. Unha conclusión que -salvando as obvias distancias-, como poeta, editor, bibliófilo e apaixonado da tipografía, subscribo absolutamente.
A nova recóllea El País do domingo 28 de maio último.
Xa encarguei a obra ao meu libreiro (o querido e sempre ben disposto José que comanda con man de ferro a Libraría Fonseca). Agárdoa con impaciencia.
P.S. Por certo, parabéns a Campgràfic que está a desenvolver un contributo inestimable á literatura técnica da edición e a tipografía. ¡E ademais editan como dios!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Your website has a useful information for beginners like me.
»