13.6.06

Rir


¿Que nos fai rir? Que a risa é unha magnífica terapia para todo tipo de tensións e que, nesa medida, potencia o sistema inmunitario é algo arquisabido. Pero, ¿por que ou, mellor, de que rimos? ¿Por que ás veces nos avergoñamos de rir? ¿Por que os chistes lles encantan a unhas persoas e a outras non lles fan ningunha graza? ¿Por que hai xente que ri tanto e outra que non o fai nunca? ¿Por qué mesmo a risa chegou a ser pecado?
Lembro a pasaxe de O nome da rosa de Eco no que Guillermo discute con Jorge de Burgos sobre a licitude da risa. Cando este, convencido do carácter pecaminoso de rir, afirma: A risa fai deformar a cara, fai que o home pareza un mono, Guillermo replícalle: Os animais no rin. A risa é un atributo humano, ao que Jorge sentencia: Coma o pecado. Impecable argumento.
El Ciervo. Revista Mensual de Pensamiento y Cultura —xa un clásico— publica no seu último número un delicioso artigo sobre qué nos fai rir. Corenta suxerencias de diferentes autores coas que calquera pode identificarse.

No hay comentarios: