1.10.07
Trágala!
Sobre a proposta de referendo do peñazo de Ibarretxe só se me ocorre aquilo que Perich aplicaba á Igrexa (con permiso, don Jaume): o nacionalismo serve para solucionar un conxunto de problemas que non existirían se non existise o nacionalismo. Todas estas demandas ―a reforma estatutaria doméstica, as propostas soberanistas catalanas e o referendo vasco― respostan a un clamor social crecente e xa indisimulable. Só hai que saír á rúa, viaxar a Bilbao ou Barcelona para pulsar con qué fervor, impaciencia e ansiedade arrebatadas agardan as masas populares destas latitudes a solución de tan candentes cuestións. De por parte, vivo acojonantemente reconciliado coa idea de que o bubble gum, a canción do Cola-Cao, as novelas de Martín Vigil, as botas Gorila cunha pelotiña verde de regalo, los Hermanos Malasombra e o sostén de Esperanza Roy son elementos que me definen de xeito inevitable como (perdón) español. Da Estrada, para máis datos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Xenial!
Subscribo o seu post, Sr. Blanco Valdés.
Que apelidaxe sonora, carajo!!!
Eu estou de acordo en case todo o que di Blanco Valdés, pero tamén hai un nacionalismo españolista que ¡manda nabo!, digo ¡carallo!
En efecto, Negriño, en efecto. Por iso vivo acojonantemente reconciliado cun idioma que adoro (porque o levo no corazón, ademais de nos miolos), co neto da tía Balbina, cos arquivos do trasno, con barrigaverde na praza de abastos (morreu o demo e acabou a peseta), con Fole e Cunqueiro, cun niño asañado que moito chorei polo paxariño, co grupo escolar José Antonio, coa Amaía fermosa onde habito... In medio veritas. Todo fanático é un xordo.
Obrigado aos comentarios e puntos de vista.
Unha vez máis concordo en case todo –sempre hai matices-. Os que rondamos ou pasamos os cincuenta quedamos ben fartos de bandeiras, himnos, mártires, heroes, efemérides da patria e demais badocadas coas que catro desaprensivos trataban de nos encher as infantís cabeciñas. Por fortuna, creo, sen demasiado éxito. Todas esas cousas que nos lembras uníannos moito máis que aquelas falsificacións da historia: a predestinación divina de España como centro do mundo, o carácter invicto do Caudillo ou a fundación do Falange no Teatro de la Comedia (por certo, a comedia rematou, como adoitan rematar estas cousas, en traxedia). Ten cousas moi boas sabérmonos de aquí (-Estrada, Galicia, España - e sentirnos a gusto co que somos, mesmo cun razoable orgullo. Manipular ese sentimento e convertelo en ideario político e motivo de enfrontamento social resulta bastante noxento. As orixes e a historia do nacionalismo vasco explican moi ben a actitude de Ibarreche e dunha boa parte do seu partido político. No fondo de todo, só atopamos intereses persoais, de credo relixioso e de clase. A este respecto gustaríame recomendar a lectura dunha magnífica -moi extensa tamén - novela de Ramiro Pinilla: a triloxía Verdes valles, colinas rojas (Tusquets). Por moitos motivos, non defraudará.
Unha aperta.
Manolo querido: pódese dicir máis alto pero non mellor. Grazas polo magnífico comentario, que non pode resumir mellor o que moitos pensamos e cremos. A miña patria son os meus zapatos.
Apertas.
Publicar un comentario