19.10.07

De profundis

Que mundo de tolos. Organizamos foros internacionais contra o racismo e pagamos verdadeiras fortunas polo pedigree dun puto chucho para presumir diante dos amigos e humillar ao piernas que só ten un palleiro (mestizos chámanlle agora).
Vou no coche, oíndo a radio. Venres, tarde. Unha voz falsamente entusiasta, de locutor claramente local que confunde invitación con berrido, propón nos espazos de silencio que deixa unha machacona sintonía dance:
¿Te gustan las motos? ... ¿Te alucinan sus curvas, su potencia, su rugido? ... ¿Te gustan las chicas que las montan? Entonces tienes una cita el sábado en discoteca XXX, en XXX! ... Las mejores y más potentes motos del mundo rugiendo para ti con las gogós más explosivas!! Fiesta del motor en discoteca XXX, en XXX. ... Una fiesta para que calientes tus motores y los pongas al límite!
Agora engádanlle, en tempo real, invidiuos/as de quince a, digamos, trinta anos; música a un volume que non permite a comunicación verbal; alcol e, probablemente, drogas de deseño e/ou cocaína, e un automóbil ou moto á porta.
Que mundo de tolos. Non hai carné por puntos nin control de ningún tipo que poida loitar contra unha hiperestimulación tan indiscriminada (e legal) dos sentidos máis primarios.
Prefiro non imaxinar os titulares dos xornais o luns.
Máis sobre o particular.

2 comentarios:

FrancisMR dijo...

Dezaoito vítimas na fin de semana.
Que razón ten vostede: nin puntos nin sancións económicas.
Vai ser un problema de idiosincrasia?

juan l. blanco valdés dijo...

Un deles en Camariñas ás 7:30 do domingo, tras baixarse do noitebús.
Tiña vinte e dous anos. Si, creo que o problema vén, como reza o título do pos, de profundis.Frivolizamos coa ausencia de sentido común nas cousas (véxase ese problema do botellón, in crescendo dende hai anos, que ía dar necesariamente onde está dando: en algo insoportable socialmente), elevamos á categoría de normal o que simplemente anormal, e así nos luce o pelo. Si, é un problema en boa medida de idiosincrasia.