31.10.07

Chinda, chinda...

Seica hai un concurso público para fixarlle unha letra, democrática, zetapeana, enrollada, guai e consonte os tempos, á vella marcha de granaderos . Iso de ver aos xogadores das seleccións de fútbol de medio mundo movendo os beizos mentres escoitan os seus respectivos himnos e os de aquí calados coma estatuas non está nada ben.
Na España de Franco había unha oposición de baixa intensidade e raizame popular, baseada en chistes malos sobre su Excelencia. Aquilo de que cando visitaba Marín lle berraban Marín con Franco! Marín con Franco! ou aquiloutro de que se a filla casara con Tom Jones o neto había chamarse Paco Jones Franco, e moitos máis que o respetable lembrará. Nesta liña, de certo que moitos lectores recordarán o texto galego, escatolóxico, irreverente, absurdo e inofensivo- e que se perpetúa, polo visto, xeración tras xeración (os meus fillos sábeno á perfección e lles causa a mesma risa ca a min cando tiña a súa idade)-, aplicado á música do himno nacional:

Chinda, chinda,
as cachas de Dorinda
postas a ferver
e pronto Lucifer
comeulle nas merdas
que tiña na cu
parabará, bará
parabará, barú.

Non o enviarei o envío ao concurso, ou? Case seguro que non lles gusta.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Nesa angueira de poñerlle letra ao chinda chinda anda empeñado, máis do que o ZP, e de xeito especialmente patético, o noso paisano Rajoy. Na miña opinión, o que cómpre non é unha letra para que poidan cantar o himno os futbolistas da nosa selección, senón, dado o balance de vitorias e o talante do adestrador, disolver automaticamente a federación e o equipo.
Por certo, entoar polo baixo a versión local do himno que Xoán Luís nos devolve á memoria custoulle a máis de un unha boa hostia nas clases do inefable profesor de FEN que evocaba o autor desta bitácora hai uns días.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Pois eu, se mandara vostede esta proposta, estou segura de que o "Comité de sabios" -ai, que resobada denominación para tan pouca cousa case sempre- repararía nela.
Na miña época tamén se cantaba aquelo de:
Franco, Franco
que tiene el culo blanco
porque su mujer
lo lava con Ariel...
E todos a rir.
Eu estou agardando, porque calquera resultado vai ser terrible.Penso, vaia..Difícil superar os versos de Pemán!!! (como se indica a intención irónica na escrita? Ha sabelo vostede).
É que eu non lle son moito de himnos nin bandeiras, que lle vou facer!

Colineta dijo...

Sendo eu neno escoiteille unha vez a un amigo do Valadouro:
Chinda, cachinda
as cachas de Florinda
postas a cocer
que ricas van saber
(bis)

juan l. blanco valdés dijo...

Grazas, amigos (Manolo, Miguel, Anónimo/a) polos comentarios e variantes, que eu coñecía tamén. En efecto, falando do "grande sucesso" da nosa ínclita selección, concordo con Manolo en crear un himno "disolutivo" ou "disolvente".
A máis de un, claro que sí, custoulle unha ostia entoar o chinda chinda perante don Luís Carmelo.
O tempora, o mores! (xa sabes cómo segue, Manolo). Apertas.