13.10.07

O betalibro

Vía a miña amiga Independiente accedo á extraordinaria monografía de Joaquín Rodríguez, de quen falaba o outro día, director do Máster en Edición da Universidade de Salamanca- Grupo Santillana, titulada Edición 2.0. Los futuros del libro. El betalibro, na súa versión .pdf on-line (maio 2007), con licenza de Creative Commons, da interesante editorial Melusina de Barcelona. Aquí se anuncia a próxima edición en papel, en versión revisada y aumentada. Un tratado crítico, completísimo e rigoroso, indispensabble para coñecer as claves da complexa actualidade e confuso, pero sempre suxestivo, futuro do libro, a edición e a lectura.
Grazas Independiente por compartir o teu saber!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Interesantísimo. No transcurso dun curso de verán, saiu este tema en concreto. A edición completa de obras de autores archifamosos estase a realizar agora mesmo en soporte papel, probablemente porque a administración, sexa quen sexa, promove esa saída. As múltiples subvencións fan o resto. Pero o certo é que basta un click para que todo ese traballo pase á rede, sen necesidade de nada. Curiosamente estamos a asistir agora, como signo da incredulidade e aínda confusión reinante, á simultaneidade de edicións: en papel e na pantalla. Onde está, entón, o negocio? Nos beneficios que pode outorgar que as bibliotecas merquen eses libros? E se as bibliotecas se negan a pagar por algo que calquera pode atopar por Internet? Creo que o panorama é complexo, pero a dirección está máis clara que a auga: é só cuestión de tempo.
E perdón por esta largada. Un saúdo e gracias por poñer este engarce.

Anónimo dijo...

Gracias a tí, porque la pista me la diste tú. Yo sólo intenté encontrar el artículo que hacías referencia en tu anterior post y buscándolo salió el libro completo. No merezco el cumplido.

Con respecto a lo que se pregunta Arume dos piñeiros, la verdad es que no he entendido bien a qué dirección se refiere. :-S ¿Podría explicarlo? (va en serio, no es cuestión de retórica, es que creo que no lo he cogido bien de verdad...)

Besos!

La Independiente.

Anónimo dijo...

Refírome á decisión de levar á pantalla todas esas edicións. Agora aínda estamos nun punto intermedio, pero máis axiña que tarde todo rematará en textos por internet.

Anónimo dijo...

L'écrit et l'écran, une révolution en marche, par Roger Chartier
http://www.lemonde.fr/web/article/0,1-0,36-966273,0.html