22.10.07

Sen pena nin gloria

Por un conxunto de razóns complexas de sistematizar, pois son diferentes en cada caso, o príncipe Hamlet, Macbeth, Ricardo Corazón de León, Roland (o da Chanson) ou Till Eulenspiegel teñen para o público contemporáneo máis ou menos culto unha relación íntima e inequívoca, ata o simbolismo, con certas nacións (ai! xa empezamos): Dinamarca, Escocia, Inglaterra, Francia, Alemaña… E o Cid? Si, si, o Cid Campeador, Ruy Díaz, natural da aldea burgalesa de Vivar e de estatua ecuestre en Burgos, cabaleiro nun garañón exepcionalmente dotado. ¡Recio me lo levantais! Hai anos dicíase que o Cid, como don Qujiote, non é burgalés nin este manchego: son… españois. Pero hoxe... con el hecho diferencial hemos topado. Xa a temos montada. Hala, ás manis do PP, eu, don Quijote, o Cid e máis a bandeira roja y gualda.
Así é que o único aniversario posible do grande poema épico das letras hispanas (o setecentos cumpreanos do Poema del Cid que en 1307 asina un tal Per Abbat, único texto que ten legado á posteridade a voz rexa e sonora dos xoglares dos inmensos campos de Castela) pasou, e pasará inadvertido, como o que é para estes tempos: unha celebración politicamente incorrecta ata a médula.
Eu teño, herdo da biblioteca do avó, unha edición moi querida do venerable monumento: a de Ramón Menéndez Pidal en «Clásicos Castellanos» de Ediciones de La Lectura (logo Espasa-Calpe), Madrid, 1913. Desemboquei na edición pidaliana con algunhas calas previas, e, estimo, necesarias: a adaptación da colección «Historias» de Bruguera (qué servizo cultural o de Bruguera!!) da novela, moi pouco coñecida, de Joseph Lacier (agasallo que me fixeron con cinco anos todo o máis), e, por suposto, a película de Anthony Mann cun Cid guaperas e cachimán e unha Jimena neumática (Charlton Heston e Sofia Loren, al respective) recordos atesourados en recunchos especiais das memorias de nenez.
Lembro pasaxes enteiras do poema, tinguidas dun engaiolante arrecendo medieval; aínda hoxe gusto de picar acó e aló nas páxinas do volume, de basto papel pencado de manchas de humidade, salferidas de notas manuscritas ―lingüísticas, literarias, eruditas― de man dun estudante de filoloxía de apenas vinte anos. Sen dúbida, un factor fundamental da miña formación. Un capítulo do extraordinario estudo filolóxico de don Ramón chámase «Valor nacional del poema». Arrenéjote!
Nota toponomástica: como será que Cid é un apelido tan vencellado a Ourense? Será que don Ruy tiña moza en Allariz?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Si hubiera Sofia Loren en Allariz, bien hizo el "meu Cid" en tener moza en esos lares......

juan l. blanco valdés dijo...

La verdad, querido Marco, es que no sé quien resultaba menos creíble: si aquel Cid Campeador natural de Illinois, de físico y expresión más yanqui que Eisenhower, o aquella Jimena, maggiorate, maciza y muy poco castellana. Ahora, buena estaba un rato largo. En cualquier caso, sí es algo que siempre me llamó la atención que Cid (a lo castellano, sin -e final)sea un apellido tan apegado a Orense. Habrá que "ir al libro".
Saludos a todas tus chicas (y gracias por tu fidelidad con estos fragmentos).

Anónimo dijo...

Al libro ya no Juan, ya todo a salto de clic.

"Na Enciclopedia Galega Universal dí:
Cide Apelido que ten a súa orixe na voz árabe Çid "señor". O alcume comezou a empregarse como prenome, pois así o reflicten as documentacións medievais: "Citi Didaci" (doc ano 904 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII),1986, p 442). Posteriormente pasaría a apelido: "Juan Cide" (doc ano 1300 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 157). Adoita aparecer castelanizado como Cid."
Para o apelido Cid, a mesma E.G.U. dinos que é a "forma castelá do apelido Cide".

CIDE
Distribución según as Páginas Blancas de Telefónica:
A Coruña 2 abonados
Lugo 1 abonado
Badajoz 1 abonado
Barcelona 1 abonado
Portugal, 22 abonados á Telecom

CID
As Páginas Blancas.es dannos:
A Coruña 164 abonados
Lugo 63 abonados
Pontevedra 388 abonados
e Ourense 2.224 abonados
En Portugal: Moi espallado polo país viciño coa grafia “Cid”.

HERÁLDICA

Coñece-se unha Casa Solarenga en Guede (Allariz). Segundo a GEG, espallou-se pola província de Ourense, Zamora, Huesca, Toledo, Portugal e Chile.
Armas.- Os de Huesca, Nerín (Huesca) e Chile poseen brasóns próprios. Os galegos usaron:
1. En campo de ouro, unha banda de gules. (escudo usado polos Casais de Guede, Allariz, Barbadás e Ourense).
2. En campo de sinople, unha banda de gules perfiladas de ouro.
3. En campo de ouro, unha torre de sable, de cuxa porta sae un brazo armado da sua cor empuñando unha espada de prata.
Os portugueses: En campo de azur, 5 veneras de ouro, postas en sotuer.
A E.G.U. dalle tamén a orixe da liñaxe Cid, en Guede, de Allariz, Ourense.
Nas armas Luciano Fariña discrepa coa E.G.U. e as da G.E.G., dándolle á liñaxe Cid as seguintes armas:
De sinople, unha banda de ouro, cargada dunha cotiza de goles. Das 3 precisa: a torre de sable, é ameada, o brazo armado, adestrado.
A E.G.U. da para outros en Galicia , en campo de sinople, unha bande de goles perfilada de ouro.
A E.G.U. engade que os de Chile utilizan un escudo cortado: a primeira particiónen campo de azul, con cinco flores de lis de ouro, postas en aspa, a segunda en campo de ouro, cunha barra de sinople.

NOBILIARIA
Demostraron su nobleza ante la Real Chancillería de Valladolid:
Alvaro Cid, Barbadanes, 1564
Benito Cid, Barbadanes, 1564
Francisco Cid, Barbadanes, 1564
Gabriel Cid, Barbadanes, 1564
Gregorio Cid, San Fernando, 1784
José Cid, F. de San Miguel de la Taboadela, 1737
José Cid, Cortejada, f. de San Benito del Rabiño, j. de Refojos, 1815
Pedro Cid, Coto de Barbadanes, 1564
José Cid Fernández, Allariz, 1719
Antonio Cid y Novoa, Airas, j. de Castro de Caldelas, 1816
Francisco Cid y Novoa, Rigueiro, f. de Santa María de Montuedo, j. de Castro Caldelas, 1757
Antonio Cid de Orta, Zamora, 1671
Jorge Cid de Orta, Valverde de Alcántara, 1610
Juan Cid de Orta, Valverde, 1671
Blas y Juan Cid y Vera, Valverde, Sierra de Gata, 1788 Contiene una ejecutoria dada en 1625 a favor de Jorge Cid de Horta, vecino de Zamora y Valverde; en papel ene. en pergamino
Manuel García Cid, Haro, 1785 y 1617

Fuente: Archivo de la Real Chancillería de Valladolid. Sala de Hijosdalgo. Alfredo Basanta de la Riva"

Fuente: http://www.xenealoxia.org/modules.php?name=Apelidos&rop=showcontent&id=659

¿Hay alguien capaz de discutirme sobre el inmenso poder y fuente de conocimiento de Internet?.

Ah, y esto para disfrute de los fans de Doña Jimena....

http://es.youtube.com/watch?v=BC433LpK6DY

Y digamos que en su version Loren Moderna:

http://es.youtube.com/watch?v=mySoHiMmfEU

Yo me inclino por la moderna pero ojo con la original en su mejor momento de juventud.

Saludos

juan l. blanco valdés dijo...

Joder, tío, vaya alarde de erudición genealógica. Me leeré tu comentario (y veré el video jimenesco) en cuanto tenga un minuto. Eso. Para que luego se dude del valor instrumental de la interné. Saludos.