15.1.07

Sentidiño

Gustaríame non crer o que creo, pero á vista dos acontecementos (xa se xabe o túzara que é a realidade) non podo máis que concluír que a obsesión electoralista da clase política dirixente (todos: pepé, pesoe e nacionalistas de toda laia) se superpón á dose mínima de sentido común conveniente ao goberno da re publica, porque, como é sabido, a aplicación do sentido común, o sentidiño dicimos por estes pagos, conduce indefectiblemente ao mellor servizo da colectividade. O espectáculo dos partidos facendo almoneda da súa participación nas manifestacións do sábado contra o “traxico accidente” (Freud! Freud!) da T4, e calculando con catutela vergoñante o seu eventual efecto electoral, afonda a inmensa sima de descreto á que día a día se fan acredores, con creces, os dirixentes públicos deste paisiño noso, provisto de cidadáns, como Vde. e coma min, que, de verdade, merecemos algo mellor.
No outono de 1935 un reportero inglés da BBC enviou unha crónica na que definía España como un inmenso manicomio político. Esta é a percepción que teño. Teremos mudado tan pouco?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Desde que teño sentidiño (coincide coa transición)nunca tal cousa vin como o que temos que ver hoxe. Con optimismo estou na metade da miña vida, e agardo que esto se corrixa. A esperanza é o último que se perde.

Anónimo dijo...

Rajoy, que é brilante orador, hoxe foise de voltas: toleou por momentos. Foise gustando co seu discurso acre e non foi quen de volver. Cando se deu conta, xa estaba na cama con Viri. Gustaríame saber que arrepentido.