7.1.07

Causas e efectos


Unha volvoreta move as ás en Bilbao e chove en Quito. Así de arbitrario resulta ir remontando causas e efectos e chegar a establecer unha relación entre o sepelio en Ecuador de dous cidadáns nativos do país —un deles un neno de 19 anos— e a liberación de Euskalerría. A arbitrariedade e a morte casan mal. No abuso da arbitrariedade cando mata, ETA ten gañado con merecemento un lugar cimeiro no catálogo universal da infamia.
Os bordes da idea, que modelan a imaxe de miles de toneladas de formigón feito cascallo e fume, son 1) a incontinencia verbal dun irresponsable que dirixe a nosa vida política (sospeito —como moita xente— que ETA decide atentar coincidindo cunhas declaracións do presidente, dun nivel de escandalosa autocompracencia non coñecido dende o seu antecesor no cargo) e 2) a reiteración ad nauseam de que non van parar nunca. Atentan a) na capital do Estado; b) no tipo de instalación onde, tras on 11-S, se supón que se quintaesencian hoxe as medidas de seguridade do aparato do Estado, é dicir, un aeropuerto; e c) deixan no aire a convicción de que non provocaron unha masacre porque non quixeron. Temor. Desconfianza. Arbitrariedade
Supoño que serán horas moi tristes para aqueles que apostaron por chegar a algún tipo de transacción política con quen adquire a súa forza no temor, a desconfianza e a arbitrariedade. Son do peor.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pouco que engadir. Nada, en realidade. Chove en Quito. Chove lume. Os ricos seguen a mexar polos pobres. Lin hai uns intres na blo Alicia crece do amigo Rubén que as bandeiras fanse en China. Debe ser verdade.

juan l. blanco valdés dijo...

Estimado Zimmerman (podo chamarte así?):

Obrigado pola visita e comentario. E parabéns polo blog! Creo que debo á cuberta de "The Freewhelin" (esa foto pertence á historia da arte, non á historia da música), a paixón por Dylan (hai moito de visual nestes amores temperáns). O outro día, por certo, oín na radio unha especie de versión rapeira ou hip-hop perpetrada por non sei quen de "Knockin' on heaven's door" que merecía pena de morte. Na China de Mao, sen ir máis lonxe, executaban a un por moito menos. Un saúdo.
P.S. Incorporarei en breve a túa bitácora á miña sección "Blogs e xenerosos". Ciao.