18.7.06

Nunca máis


Este é meu pai, Mario, xunto a unha rapaza da Estrada en xuño do 37. Ten vinte anos. Parece mentira, pero o rostro destes dous mozos reflicte esperanza e ilusión.
Meu pai fixo a Guerra no Gabinete Fotográfico do Corpo de Exército de Galicia, que mandaba o xeneral Antonio Aranda. Neses anos, entre o 37 e o 39, percorreu a fronte de Asturias, León, Aragón e Valencia, experiencia da que ficou un extenso fondo fotográfico que hoxe repousa en dous enormes álbumes. Son as fotos dun soldado de Franco, politicamente incorrectas neste “ano da memoria”. Nin as fotografías son neutras.
70 anos. Nunca máis.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas, acabo de ver o teu comentario e fotografía. Estou traballando na producción dun documental pra o Proxecto-Edición (CGAC/MARCO/Luis Seoane) sobre a Memoria e os seus Usos e Políticas en Galicia. Estamos na procura de arquivos fotográficos da Guerra e da Postguerra, así como de testemuñas da época. Creo que as fotografías das que falas poden ser moi interesantes, e se non te importase gustaríanos poder velas e grabalas como material de arquivo pra o noso documental.
Se queres poñerte en contacto con nós escríbeme o meu correo:

asantostouza@hotmail.com

e se queres consultar algo sobre o proxecto, mira en:

http://www.proxecto-edicion.net/

gracias polo teu tempo,

ángel santos
productor do Proxecto-Edición.

juan l. blanco valdés dijo...

Ángel:

Púxenche un mail. Saúdos.

Anónimo dijo...

Great site lots of usefull infomation here.
»

Anónimo dijo...

Really amazing! Useful information. All the best.
»