21.7.06
Ai, o noso Santiaguiño!
Cal será a próxima posición institucional dos conselleiros e altos cargos nacionalistas no camiño dunha sociedade democrática, madura e moderna dentro dunha concepción laica do Estado? (v. El Correo Gallego, 21.07.06). Non visitaren san Andrés de Teixido, a Virxe da Franqueira ou os Milagros de Amil? Non celebraren a Noiteboa? Reconverter o Camiño de Santiago na Ruta Deportivo-Cultural cara ao Fisterra Galaico? Asignar unha nova función ao santo dos croques?
Sobrepoñer a dimensión relixiosa orixinal de certas celebracións á súa transcendencia civil, popular e secularmente asumida, é indicativo —para alén da circunstancia concreta da “correlación de forzas” no actual goberno galego, en fin...— dun lamentable sentido institucional da actuación política. Non terán nada mellor que facer ou algo máis nobre polo que pelexar?
Así nos vai (e o di un ateo convicto e confeso).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Con esas parvadas non os vai a votar nin DEUS.
O que o BNG se descolgue do acto do Apóstolo ten que ver cunhas supostamente firmes conviccións laicas e republicanas, ou máis ben obedece a unha táctica de desgaste de Touriño e do PSOE?
Porque se fose o primeiro, a santo de qué (e nunca mnellor dito o de santo!) o propio Quintana cando era alcalde de Allariz acudía circunspecto ás procesións de Semana Santa? Daquela, o laicismo non era un valor reivindicable?
Porque se fose o primeiro, a santo de qué Castrillo acudía todos os anos, tamén circunspecto, a todas as procesións relixiosas de Vigo?
Porque se fose o primeiro, a santo de qué Encarna Otero, vestida de galega, acudía á ofrenda do Apóstolo cando era concelleira en Santiago?
E, falando en plan republicano, alguén se lembra das amistosas palabras coas que se referíu ao Rei en público Francisco Rodríguez, cando fora recibido en audiencia na súa primeira etapa de deputado en Madrid?
Daquela si e agora non?
Chéirame a chamusquina esta súpeta onda laica e republicana dos dirixentes do Bloque.
Francamente, non son críbles.
(E dío un ateo confeso e laico a máis non poder)
Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
»
Your are Excellent. And so is your site! Keep up the good work. Bookmarked.
»
Publicar un comentario