12.10.10

Día da Hispanidade

Hai un chiste sobre a utilidade social dos economistas. Conste que, lonxe do meu ánimo polemizar, a min contoumo precisamente un economista. A cousa é que o primeiro economista certo da historia foi Cristóbal Colón, pois, cando saíu do porto de Palos, non sabía a onde ía; cando chegou a América, non sabía onde estaba, e fíxoo todo cunha bolsa do Ministerio.
Polo visto, agora os republicanos cataláns len a Frei Bartolomé de las Casas, da Orde de Santo Domingo, e interpretan a hispanidade como a conmemoración dun xenocidio. Supoño que lembrarlles que a historia da humanidade é a historia dun continuado xenocidio non serve de nada.
Que facer nun país onde o exercicio cotián máis estendido é coller o nabo polas follas? Por veces, síntese un tan canso, tan canso...

1 comentario:

Ana Bande dijo...

o uso e abuso do término neutraliza (ás veces afortunadamente) a intención de quen o emprega, case sempre os que xulgan empregan o mal coma unidade de medida e, claro, así non hai equilibrio que se restableza. NO caso de AméricaLatina o xenocidio non foi planificado, foi un dano colateral, un simple descuido (sen indios non habería riqueza posible)velaí a súa verdadeira cara malvada, e vergoñento, co que se encheron a boca moitos supostos defensores de indios que vapordíos! ¡saúdos!