-Barcelona. Xulgado por gravar a súa sogra no lavabo mentres realizaba as necesidades fisiolóxicas.
-Unha muller alemá mete o bebé no conxelador ao crer que estaba morto.
-Navratilova dedícase a pintar cadros abstractos lanzando pelotas de tenis nos lenzos.
Doulle todo o seu sentido a unha pintada que hai a carón dun caixeiro no que acostumo quitar cartos (cando os hai, claro): Reset the world.
3 comentarios:
Puag! a min pásame sempre cando vexo os xornais, a náusea. Vexa a foto da portada do país de hoxe, unha multitude de habitantes do primeiro mundo pelexando por unha merluza. E esoutra noticia dunha nai que levaba aos tres pequechos na moto e foi detida por nonseicantos absurdos delitos, o máis significativo, ¡desacato á autoridade! Eu me pregunto ¿e onde andaba o pai das criaturas? Demasiado parecido con ladybird de Loach. A realidade é insoportable case sempre...en fin.
Pois ao paso que imos non sei se chegará con resetealo e se non haberá que formatealo. Francamente, o do formateo sóame a guerra total, mellor non pensar niso. Agora ben, un xeito de evitar noxos ao abrir o xornal é, simplemente, non abrilo. A min tenme pasado viaxar a un lugar no que un prescinde durante uns días de calquera tipo de información sobre a actualidade mundial, de todo tipo de noticias, boas e malas. Aí comprobas que a vida segue igual, como dicía Xulio Iglesias. Ás veces asáltame a dúbida de se moitas desas noticias que nos asquean cada día non sucederán só para seren publicadas nas primeiras páxinas dos xornais e non ao revés, como, por desgraza, seguramente será.
Das tres que comentas, querido Xoán só a segunda causa arrepío. A primeira e a terceira semellan chistes no medio de tanta miseria.
Unha aperta
Non creo que ande moi desencamiñado o amigo m.diéguez. Ás veces semella que a xente pide a berros o protagonismo que no día a día non atopa. Ante iso, parece máis sentato o caso do tipo que gravaba á sogra có desa nai despiadada. Non hai xa medida neste mundo que vive ao galope. Vaiamos reseteando por partes, a ver se dámos amañado algo.
Publicar un comentario