30.1.08

Zapatético

O deste tío non ten nome. Quen con dous dedos de fronte e o mínimo imprescindible de sentidiño pode defender que un talego con trinta moedas de prata a cambio do voto sexa comparable a ningunha medida social seria (xa non digamos progresista, de fondo, ampla), dexiémolo en seria? O peor, creo, que lle pode pasar a calquera é que se rian del (a cursiva é miña). Xa non digamos a un político, que encima quere volver a ser califa.
Por veces, síntome moi fatigado dos enormes esforzos que eu e moitos máis cidadáns facemos por instalarnos na idea de que non vivimos nun país de coña. Pero é que nolo poñen tan difícil…

13 comentarios:

FrancisMR dijo...

Ai, cantírrrrrrrma razón ten vostede!!!
Esgota e irrita ver que a case única opción que temos para roubarlle a oportunidade á "derechona" reaccionaria que se cerne sobre nós é "esto".
Caendo baixo, xogando todas as papeltas para que che toque ser un dos máis ridículos.
En bandexa lle teñen posto as ocasións para sacar datos, para rebater á oposición a maioría das acusacións, e nada, incapaces. Como é posible?
E esta é a esquerda que nos toca?
Pois vapordiós!!!!

juan l. blanco valdés dijo...

En efecto, amigo Carraboujo, esta é a "esquerda" que nos toca. Da dereita que ten diante xa nin falar. As miñas alternativas actuais de voto están entre Gayoso e Tonecho... O tempora, o mores!
Vapordiós.

Anónimo dijo...

Aínda que é libre na súa decisión de voto e que respecto o seu secreto e decisión, espero que, a pesar dos moitos pesares, non vote o partido antipartido de Rosa Díez, amigo Juan Luis.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

Tanto el articulo como los comentarios me han hecho reflexionar y recordar algunas cosas.
En las elecciones autonómicas del año pasado, el psoe y la versión mediterranea del mismo, ó sea el pspv recibieron tremendo bapuleo. Hicieron aquí, ofertas de "cheques" para no se qué, y dinerillos, igual que ahora. Las criticas posteriores sugerían que la sociedad ha cambiado, que recetas de hace 20 años como los dinerillos que ofrece Zp devolvernos, no funcionan. Están cambiadas de época. Estas medidas son buenas en épocas en las que sociologicamente interesa "aumentar" los bienes, pero no en épocas en las que, ya adquirida cierta riqueza ( globalmente, ó en promedio, que queda mas "in"), la gente busca más bien medidas de seguridad, se hace más conservadora, en definitiva. Lo curioso de este análisis, es que prevenía de la misma columna vertebral del pspv-psoe, ya que estaba basado en un libro de Joan Romero, Ex-secretario del pspv, y ex-candidato a la generalitat. El título creo que era "País Complex", de la Universitat de Valencia.
No es por ser malvado, pero si ZP no es de los que leen "catalán en la intimidad", igual no se ha enterado de esta crítica. Por cierto, que aquí, en la Comunidad Valenciana, la renovación del pspv, está oficialmente "pospuesta sine-die". No se han renovado las personas, pero creo que las ideas tampoco están más frescas....

En definitiva, en mi opinión, la derechona, como dice el primer comentario asusta, pero lo jodido, es que la izquierda no ilusiona , ¡grrrr!, con la oportunidad que tiene para ello...

Saludos.

Anónimo dijo...

O certo e que a teor do que se le en "opinas" dalgúns medios próximos ideoloxicamente a Zapatero hai moita xente que aplaude a medida. Empezo a pensar que os que estamos fóra de xogo somos precisamente os que pensamos que a política debe conservar e practicar aqueles principios éticos que nos ilusionaron nos comezos da transición. Isto anda en moi malas mans e non leva trazas de pasar a outras mellores. Eu creo que lle farei compaña ao noso anfitrión e decantareime por Torrebruno (vive aínda?)

juan l. blanco valdés dijo...

Sobre o teu candidato, Manolo querido, el amigo de lo niños -como bo italiano era incapaz de pronunciar os eses finais- lembro un chiste (e seguimos de humor negro):
-Oe, sabías que Torrebruno se suicidou?
-No jodas.
-Si, colgouse dun bonsai.

Anónimo dijo...

Fago a consulta e entérome, querido Xoán, de que o Torrebruno leva 18 anos no Valle de Josafat, que diría miña sogra. Pois xa neste punto o que pide o corpo é pasar do voto. Mágoa que a Conferencia Episcopal (medios incluídos) mo estea a poñer tan difícil. Por se lle serve de consolo a Apicultor, eu a Rosa Díez nin de coña. Andaremos e veremos.

juan l. blanco valdés dijo...

En paz estea.
O de Rosa Díez supoño que será outra milonga.
Non sei. No entanto, que facemos? Estou un pouco cheo de ver as cousas dende a barreira, mentres a indocumentez (eu, como o personaxe de Cela, contribúo ao enriquecemento do léxico patrio: indocumentez: calidade do indocumentado), o lugar común, a absoluta falta de substancia e sentido común campan polos seus respectos.
Propoño a todos os galácticos deste local fundar un partido no que impere a intelixencia, sensibilidade, rigor, honestidade, capacidade de trraballo, modernidade e cosmopolitismo que nos son característicos.
Barallo, ao día, varios nomes:
-PI: Partido Intransixente
-PpSC: Partido polo Sentido Común
-Px2: Partido por Dous
(este último é o que máis me gusta).

Anónimo dijo...

Ese partido que propón que fundemos, amigo Juan Luis, había durar menos que unha bulsa gominolas diante dun colexio.

Xa sabe o que ten que facer. Igual ca outras veces, nin máis nin menos. Poñer unha pinza no nariz, entrar na cabina, coller o voto preciso, ensinar o carné ao presidente da mesa, votar... e liscar correndo.

É o que hai!

Anónimo dijo...

PdosP:Partido dos Puteados....?
votar..liscar/Tamen que putada
pero....É o que hai
¿E logo se votamos todos en Blanco?
Enteraríanse de algo os Políticos?

juan l. blanco valdés dijo...

Amigo/a curioso/a:
o de Blanco (con B maiúsculo) é unha incitación persoal a que me converta en candidato? O digo porque, ademais, aplicada ao verbo votar, a construción pristinamente galega de 'verbo+prep.en+obxecto directo' (ex.: comer na empanada, beber no viño), fica que nin pintada: votar en Zapatero, votar en Rajoy, votar en Blanco (Valdés).
Api: o poder fagocitador deste sistema é, de certo, acojonante. E ló non hai que facer? Aguantar o que se poida?
Saúde.

FrancisMR dijo...

Se se nos permite, desde o noso espazo, solidarizámonos con es listaxe de nova creación. Se non é posible participar, facemos votos.

juan l. blanco valdés dijo...

Obrigado, amigo Carraboujo, aos azos e a solidariedade. Allons, enfants de la patrie!!