
Estamos editando un texto, dentro da nosa colección de
Manuais Universitarios, que se chama
Física del estado sólido. Pensando no valor e trascendencia da diferenciación entre minúsculas e maiúsculas —que dá, mesmo, para
sesudos e proveitosos prontuarios—, ocórreseme que, de mudar a caixa baixa en alta na palabra
estado, e así,
Física del Estado sólido, o libro podería semellar un tratado argumental contra os requirimentos e esixencias nacionalistas, que se me antolla moi na liña de certo ex-presidente autonómico (e mesmo nacional). Ai, que cousas ten dona Ortografía!
3 comentarios:
A min gústame máis Física do Estado Gasoso despois de pasar polo Estado Líquido.
Algo así como España en spray? Difícil facer volátiles certos elementos...
É que a min unha España sólida (isto é, entendida como macizo de la raza) non me gusta nada. Prefiro unha España light, onde collamos todos a gusto.
Publicar un comentario