Cartel colgado profusamente nas paredes da Facultat de ¡¡Filologia!! da Universitat de Barcelona. Será o redactor do texto de Baños de Molgas? de Escairón? da Estrada?
By the way, lembro con tristura, cando en segundo de carreira me chantaron o primeiro (e creo que único) suspenso da carreira (en Latín). O día que fun recoller o veredicto de setembro, á vella Facultade de Filoloxía en Mazarelos, o conserxe cubrira as papeletas cun folio no que podía lerse con fermosa letra de pendolista:
Ensamenes de septiembre.
Imaxe tomada vía
Invasió subtil.
6 comentarios:
Que tempos!
Manoliño querido:
Sabía que o ías lembrar.
O tempora, o mores!
Senatus quae malos olores.
Només un aclariment sense major importància: la Facultat en qüestió és la de València.
Salutacions.
Pere:
Grazas pola aclaración e a visita. Cordiais saúdos.
Agora, nalgunhas universidades galegas, non se poden publicar no taboleiro as notas dos alumnos sen o expreso consentimento deles. Seica é para protexer a súa intimidade, coitados.
Un saúdo.
A isto temos chegado, en efecto, amigo Apicultor. Eu o que vexo é moita mariconada de dios, sen ánimo de faltar a ninguén. Persoalmente, creo lembrar que cando eran de exposición pública, á parte as miñas claro, só miraba as notas dos meus amigos máis próximos. Non sei en que carallo atenta contra a intimidade que os compañeiros de estudos saiban que se suspendeu o latín ou a introdución á hermenéutica.
Publicar un comentario