17.6.07

Sobre índices de lectura e a utilidade dos libros

Nunha carta que o bo Padre Sarmiento dirixía a alguén (creo lembrar que o Conde de Gondomar) afirmaba No hago más que cagar papeles, o cal indica que ese molesto mester de botar media vida remexendo nos papeis, tan profiláctico polo demais de cara a sempre necesarios expurgos, é algo anexado en todo tempo aos varios oficios da ilustración, o cultivo das letras e a cultura en xeral. Nunha recente remexedura desta natureza salta esa xenial viñeta do xenial Quesada, que non resisto a tentación de compartir cos bos amigos deste recuncho.
Que libro será o que arde? Obviando o anacronismo, aposto por O código da Vinci, ideal destino de tan excelsa obra.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén aposto polo mesmo e suxiro outro, que non lin nin penso ler, non me fai falta para mandalo á fogueira: Ocho años de Gobierno, una visión personal de España, de José María Aznar.

juan l. blanco valdés dijo...

E se puidera ser co autor e editor incluídos (anque só fose in imagine, que tampouco hai que ir por aí queimando a xente), mellor ca mellor.