Fai ben vostede en falar do fondo do iceberg. Está aí desde sempre; eu escoito ese balbordo de continuo, pero nunca lle facemos caso, compracidos neste status entre as dúas linguas case florentino. Pero cando unha das linguas apreta para facer cumprir as leis decididas por unanimidade entre os grupos políticos, a outra saca a espada flamíxera e chama a rebato. Hai en Galicia unha clase social, burguesía media, que rexeita de forma visceral a educación en galego. Tolera, con desgana, algunhas concesións, pero no fondo adopta unha postura completamente monolingüe. E non son poucos, e teñen peso específico porque pertencen case todos a grupos de media ou alta formación académica. É dicir: controlan moi ben os resortes mediáticos. Pero convén coñecelos e saber que existen. Con aldraxalos co clásico fachas non arranxamos nada de nada. E o tópico anatema do autoodio non chega. Ou non vale.
Bien: no es suficiente con insultarles con el "clásico fachas" ni con el tópico anatema del autoodio. Hay que hacer algo más. ¿Sugiere algún procedimiento? ¿Qué le parece la eliminación de esa clase social? Ellos son el problema, y si están perfectamente identificados -nivel de renta, tipo de ocupación y niveles de instrucción- puede resolverse. Es técnicamente posible, como ha demostrado, entre otros, Pol Pot.
Como está o patio! Hai que ser retorcido para entender que eu desexo tal cousa. Eu digo que non vale rexeitalos ou aldraxalos coa desculpa do autoodio. Que hai que telos en conta, que forman parte do país. Desculpo o seu xuízo de intencións porque quizáis non fun maís explícito. Sempre, vexo, hai que estar alerta.
O asunto é moi difícil, claro está (que listo son) porque semella que o problema aquí en Galicia co galego non é que o fale pouca xente, ou que non se entenda, se non que non ten "categoría", por dicilo rápido. Coido que estas medidas que se tentan tomar poderían axudar a que máis xente coñecera a lingua e que a utilizara, pero non van aumentar o "aprecio" polo idioma naqueles que non o teñen que, repito, semella ser o problema real. De feito semella que cada movemento nese sentido crea máis rexeitamento. Qué facer logo? Cómo convencelos de que o galego é un idioma válido para a vida e para os seus fillos? Eu non sei cal é a solución. Hai unha blo por aquí que, sen meterse en política(s), demostra por exemplo que Dylan rima en galego tan ben como en castelán ou en francés (en inglés é outro tema) e ao mellor hai dylanitas castelán falantes (xúrovolo!) que a visitan decote. Podería ser que co tempo gran parte do seu dylanismo sexa, por dicilo dalgún xeito, algo galego, que no seu maxín quede vencellado o seu amor por Dylan ao galego e que acaben cantando aquelo de pégame pégame (qué máis quixera algún!). Xa me enrollei e me fixen publicidade, iso si, coa mellor das intencións. Porque quero dicir que ao mellor hai que ir aos poucos, empurrando pero sen agobiar, colaborando, poñendo un pouco da nosa parte, ofrecendo sen pedir, facendo amigos en libertade, que entren a tomar algo e invitando a que queden. Se o galego leva aquí mil anos non vai desaparecer mañá. Digo eu (e co que dixen supoño que quedará claro que non penso que teñamos que quedar de brazos cruzados agardando a que suceda algo).
Sr. José Antonio Non se alporice. Ao mellor é que non pasa con frecuencia por estes píxeles, pero está vostede nunha casa onde a moderación é norma e nin a Arume nin a ningún dos que a temos por nosa se nos ocurriría nunca "eliminar" ao enimigo, no caso de que alguén así se considerase a si mesmo respecto aos que aquí nos vemos a cotío. E por suposto é vostede benvido, xa llo dirá o Sr. Blanco.
Estimados amigos, estimado José Antonio (es quen creo que es?):
Corrixín o titulo do post cando o puxen. De entrada, ía chamarse Un descenso ás catacumbas (con foto alusiva), a teor do ton xeral dos comentarios achegados á blog Tan gallego como el gallego. Logo pareceume excesivo e mudeino polo do fondo do iceberg. En fin. Que podo dicir ou facer en cuestión tan complexa? Exercer de blogger "ex-machina" e dispensar a miña beizón a todos os clientes deste local? Aprecio sinceramente o encomio que da moderación e equilibro amosados nestas páxinas fai o bo amigo De la Highway, e por suposto todo o mundo é benvido, pero entendo que este tema da lingua contribúe por modo directo ao enrarecemento e a radicalidade, e é moi difícil pretender ser ecuánime e gozar dunha "aurea mediania" de puntos de vista, sen que o tachen a un de demagogo ou cousas peores. Eu teño un punto de vista moi particular, porque disfruto dese florentino (grazas Arume!) bilingüísmo harmónico, e non acepto nin gusto de imposicións de ningún tipo. Creo que, como a historia demostra, tras todo radical agóchase unha persoa pouco intelixente, defenda o que defenda. Vou dar (ao mellor para botar máis leña ao lume, cousa que non quixera) un par de puntos de vista: -son hispanoparlante de leite. A miña nai é estremeña, como a miña avoa e a tía solteira que me criaron. -dos vinte anos endiante non volvín cruzar unha palabra en castelán co meu pai. Non era produto dunha liturxia (como hoxe en San Caetano: o galego nas oficinas, o castelán na cafetaría), senón dun comportamento tacitamente pactado. Uníanos un sentido galeguista e de amor profundo ás cousas da terra, que tiña o seu corolario perfecto no uso do galego. Pois ben, pregunta: cal é a miña lingua? Colonizou miña nai estremeña a meu pai por casar con el? Colonizou a meus irmáns e a min mesmo por ternos educado na SÚA lingua? En fin, argumentos de puro disparate. -a lingua da miña casa é o castelán. Xa ben, traidor que é un. -os meus nenos non ven Sinchán en castelán. Simplemente non o ven. Non lles fai ningunha graza. -unha amiga de meu, moi boa amiga, moi lista e reflexiva, contoume que uns seus veciños, labradores de Ames que saben ben pouco de liortas sociolingüísticas, están pagando clases particulares de CASTELÁN a súa neta de oito anos, pois entre o seu entorno familiar e a escolarización a nena non sabe falar español e, claro, de cara ao seu futuro os vellos están simplemente acojonados de tal limitación. Limitación que, de certo, non teñen os fillos de moitos progresistas e ben acomodados deputados e persoeiros do nacionalismo, de veráns en Inglaterra ou USA. Pasa por veces que as leis se volven contra o seu propio obxectivo. Estamos demasiado afeitos a valorar a cuestión da lingua como urbanitas, cultos e acomodados, ignorando moitos efectos que nin imaxinamos e que só o tempo porá de manifesto. En fin, eran só puntos de vista, un pouco atropelados. Saúdos cordiais e, coma decote, obrigado aos vosos puntos de vista.
Boas noites, señores. Non, estimado blogger. Non son ese. Nunca nos temos visto nin nos coñecemos. que eu saiba, Un amigo que apoia, coma min, a iniciativa "Tangallego..." mandoume o enlace ó post do iceberg e vin o primerio comentario, de arume dos piñeiros. Apuréi máis do debido a tirar conclusións. Non mo tomen a mal. Eun non coñecía os refinados costumes da casa, de plácido e intelixente intercambio de pareceres. Estaba "quente" e ..., en fin. Ainda que non sexa unha boa disculpa, miren, efectivamente, "cómo está o patio":
"""Nombre: galiza ceive Correo_e: putoespanhol@gmail.com Mensaje: galiza ceive, puta espanha e putos espanhois. marchar pra espanha se queredes falar espanhol. tinhades que quedar coma miguel angel blanco. puta espanha. represores de merda"""
O mesmo amigo que me facilitou o enlace da súa bitácora como curiosidade, mandoume copia de este correo recibido no buzón de "Tangallego..." Creáronse polo menos unha web e un blog para, como din eles mesmos, "afundir esta porcaria", dando instruccións de bombing e outras tácticas ... Son xente que non se para en consideracións éticas ou legáis, ... E en ese momento leo que somos uns burgueses que nos negamos a aceptar a dictadura do proletariado (isto é broma). En fin, sinto moito ter alporizado as súas pacíficas, fondas i elegantes meditacións. Xa saben que, como dicía o Borges, o perdón, a quen de verdade beneficia é a que o outorga, ... Así que, sendo vostedes espíritos delicados, despídome coa tranquilidade de non deixar ningunha "malaincolía" -esta palabra pertence ó tesauro familiar, pero polo contexto xa se ve de qué vai-.
Eu creo que neste país cabemos todos e vostede, amigo José Antonio, demóstrao escribindo en galego. Hai que falar máis entre nós: un pouco de distancia sideral si que hai. Alégrome, en todo caso, da súa mensaxe. Un saúdo moi cordial.
8 comentarios:
Fai ben vostede en falar do fondo do iceberg. Está aí desde sempre; eu escoito ese balbordo de continuo, pero nunca lle facemos caso, compracidos neste status entre as dúas linguas case florentino. Pero cando unha das linguas apreta para facer cumprir as leis decididas por unanimidade entre os grupos políticos, a outra saca a espada flamíxera e chama a rebato. Hai en Galicia unha clase social, burguesía media, que rexeita de forma visceral a educación en galego. Tolera, con desgana, algunhas concesións, pero no fondo adopta unha postura completamente monolingüe. E non son poucos, e teñen peso específico porque pertencen case todos a grupos de media ou alta formación académica. É dicir: controlan moi ben os resortes mediáticos. Pero convén coñecelos e saber que existen. Con aldraxalos co clásico fachas non arranxamos nada de nada.
E o tópico anatema do autoodio non chega. Ou non vale.
Bien: no es suficiente con insultarles con el "clásico fachas" ni con el tópico anatema del autoodio.
Hay que hacer algo más.
¿Sugiere algún procedimiento?
¿Qué le parece la eliminación de esa clase social? Ellos son el problema, y si están perfectamente identificados -nivel de renta, tipo de ocupación y niveles de instrucción- puede resolverse. Es técnicamente posible, como ha demostrado, entre otros, Pol Pot.
Como está o patio! Hai que ser retorcido para entender que eu desexo tal cousa. Eu digo que non vale rexeitalos ou aldraxalos coa desculpa do autoodio. Que hai que telos en conta, que forman parte do país. Desculpo o seu xuízo de intencións porque quizáis non fun maís explícito. Sempre, vexo, hai que estar alerta.
O asunto é moi difícil, claro está (que listo son) porque semella que o problema aquí en Galicia co galego non é que o fale pouca xente, ou que non se entenda, se non que non ten "categoría", por dicilo rápido. Coido que estas medidas que se tentan tomar poderían axudar a que máis xente coñecera a lingua e que a utilizara, pero non van aumentar o "aprecio" polo idioma naqueles que non o teñen que, repito, semella ser o problema real. De feito semella que cada movemento nese sentido crea máis rexeitamento. Qué facer logo? Cómo convencelos de que o galego é un idioma válido para a vida e para os seus fillos?
Eu non sei cal é a solución. Hai unha blo por aquí que, sen meterse en política(s), demostra por exemplo que Dylan rima en galego tan ben como en castelán ou en francés (en inglés é outro tema) e ao mellor hai dylanitas castelán falantes (xúrovolo!) que a visitan decote. Podería ser que co tempo gran parte do seu dylanismo sexa, por dicilo dalgún xeito, algo galego, que no seu maxín quede vencellado o seu amor por Dylan ao galego e que acaben cantando aquelo de pégame pégame (qué máis quixera algún!).
Xa me enrollei e me fixen publicidade, iso si, coa mellor das intencións. Porque quero dicir que ao mellor hai que ir aos poucos, empurrando pero sen agobiar, colaborando, poñendo un pouco da nosa parte, ofrecendo sen pedir, facendo amigos en libertade, que entren a tomar algo e invitando a que queden. Se o galego leva aquí mil anos non vai desaparecer mañá. Digo eu (e co que dixen supoño que quedará claro que non penso que teñamos que quedar de brazos cruzados agardando a que suceda algo).
Sr. José Antonio
Non se alporice. Ao mellor é que non pasa con frecuencia por estes píxeles, pero está vostede nunha casa onde a moderación é norma e nin a Arume nin a ningún dos que a temos por nosa se nos ocurriría nunca "eliminar" ao enimigo, no caso de que alguén así se considerase a si mesmo respecto aos que aquí nos vemos a cotío. E por suposto é vostede benvido, xa llo dirá o Sr. Blanco.
Eu mirei a páxina en cuestión e tiven medo.
Estimados amigos, estimado José Antonio (es quen creo que es?):
Corrixín o titulo do post cando o puxen. De entrada, ía chamarse Un descenso ás catacumbas (con foto alusiva), a teor do ton xeral dos comentarios achegados á blog Tan gallego como el gallego. Logo pareceume excesivo e mudeino polo do fondo do iceberg.
En fin. Que podo dicir ou facer en cuestión tan complexa? Exercer de blogger "ex-machina" e dispensar a miña beizón a todos os clientes deste local? Aprecio sinceramente o encomio que da moderación e equilibro amosados nestas páxinas fai o bo amigo De la Highway, e por suposto todo o mundo é benvido, pero entendo que este tema da lingua contribúe por modo directo ao enrarecemento e a radicalidade, e é moi difícil pretender ser ecuánime e gozar dunha "aurea mediania" de puntos de vista, sen que o tachen a un de demagogo ou cousas peores. Eu teño un punto de vista moi particular, porque disfruto dese florentino (grazas Arume!) bilingüísmo harmónico, e non acepto nin gusto de imposicións de ningún tipo. Creo que, como a historia demostra, tras todo radical agóchase unha persoa pouco intelixente, defenda o que defenda. Vou dar (ao mellor para botar máis leña ao lume, cousa que non quixera) un par de puntos de vista:
-son hispanoparlante de leite. A miña nai é estremeña, como a miña avoa e a tía solteira que me criaron.
-dos vinte anos endiante non volvín cruzar unha palabra en castelán co meu pai. Non era produto dunha liturxia (como hoxe en San Caetano: o galego nas oficinas, o castelán na cafetaría), senón dun comportamento tacitamente pactado. Uníanos un sentido galeguista e de amor profundo ás cousas da terra, que tiña o seu corolario perfecto no uso do galego.
Pois ben, pregunta: cal é a miña lingua? Colonizou miña nai estremeña a meu pai por casar con el? Colonizou a meus irmáns e a min mesmo por ternos educado na SÚA lingua? En fin, argumentos de puro disparate.
-a lingua da miña casa é o castelán. Xa ben, traidor que é un.
-os meus nenos non ven Sinchán en castelán. Simplemente non o ven. Non lles fai ningunha graza.
-unha amiga de meu, moi boa amiga, moi lista e reflexiva, contoume que uns seus veciños, labradores de Ames que saben ben pouco de liortas sociolingüísticas, están pagando clases particulares de CASTELÁN a súa neta de oito anos, pois entre o seu entorno familiar e a escolarización a nena non sabe falar español e, claro, de cara ao seu futuro os vellos están simplemente acojonados de tal limitación. Limitación que, de certo, non teñen os fillos de moitos progresistas e ben acomodados deputados e persoeiros do nacionalismo, de veráns en Inglaterra ou USA. Pasa por veces que as leis se volven contra o seu propio obxectivo. Estamos demasiado afeitos a valorar a cuestión da lingua como urbanitas, cultos e acomodados, ignorando moitos efectos que nin imaxinamos e que só o tempo porá de manifesto.
En fin, eran só puntos de vista, un pouco atropelados.
Saúdos cordiais e, coma decote, obrigado aos vosos puntos de vista.
Boas noites, señores.
Non, estimado blogger. Non son ese. Nunca nos temos visto nin nos coñecemos. que eu saiba,
Un amigo que apoia, coma min, a iniciativa "Tangallego..." mandoume o enlace ó post do iceberg e vin o primerio comentario, de arume dos piñeiros.
Apuréi máis do debido a tirar conclusións. Non mo tomen a mal. Eun non coñecía os refinados costumes da casa, de plácido e intelixente intercambio de pareceres.
Estaba "quente" e ..., en fin.
Ainda que non sexa unha boa disculpa, miren, efectivamente, "cómo está o patio":
"""Nombre: galiza ceive
Correo_e: putoespanhol@gmail.com
Mensaje: galiza ceive, puta espanha e putos espanhois.
marchar pra espanha se queredes falar espanhol. tinhades que quedar coma miguel angel blanco. puta espanha. represores de merda"""
O mesmo amigo que me facilitou o enlace da súa bitácora como curiosidade, mandoume copia de este correo recibido no buzón de "Tangallego..."
Creáronse polo menos unha web e un blog para, como din eles mesmos, "afundir esta porcaria", dando instruccións de bombing e outras tácticas ... Son xente que non se para en consideracións éticas ou legáis, ...
E en ese momento leo que somos uns burgueses que nos negamos a aceptar a dictadura do proletariado (isto é broma).
En fin, sinto moito ter alporizado as súas pacíficas, fondas i elegantes meditacións.
Xa saben que, como dicía o Borges, o perdón, a quen de verdade beneficia é a que o outorga, ... Así que, sendo vostedes espíritos delicados, despídome coa tranquilidade de non deixar ningunha "malaincolía" -esta palabra pertence ó tesauro familiar, pero polo contexto xa se ve de qué vai-.
Eu creo que neste país cabemos todos e vostede, amigo José Antonio, demóstrao escribindo en galego. Hai que falar máis entre nós: un pouco de distancia sideral si que hai. Alégrome, en todo caso, da súa mensaxe. Un saúdo moi cordial.
Publicar un comentario