8.6.10

A moro muerto, gran lanzada

Remato neste punto a miña xornada laboral. Porque hei dicir que hoxe, día de greve, fun un maldito esquirol. Di o proverbio que a moro muerto, gran lanzada. Por fin se acordan os grandes sindicatos deste país que os brotes verdes son un espellismo máis deste goberno sen norte nin sur nin este nin oeste, e que vivimos unha crise histórica e sen precedentes! E que fixo falta para que se acordaran? Que o paro estea no 19'7%? Pois non. Fixo falta que á elite (??) do país lle (nos) baixaran o soldo.
A min non me dan as contas. En terra erma, abundan os predicadores que van contando que 2+ 2 non son catro, senón 22. E, como catarse -ou consolo, ou lavado de cara, vaia usté a saber-, lle piden á xente que saia á rúa a proclamalo. En fin, que vendo a calidade media dos nosos políticos, non vexo razón ningunha para ilusionármonos coa dos nosos sindicalistas.

3 comentarios:

cãosemdono dijo...

Opino que a crise é un golpe de Estado. Por agora incruento, sí, pero un golpe de Estado promovido polos nosos propios señores da guerra, agora encarnados ou en comandita cos anónimos xinetes do apocalipse financiero, os cales se desplazan como o cabalo de Atila ó longo e ancho dos inermes estados para levaren a cabo as súas feitorías...

Descúlpeme se me excedo, pero, parafraseando ó cego Jorge do seu post anterior, moi probablemente os nosos fillos vivirán menos e peor ca nós, serán máis neuróticos (se cabe), alimentaránse peor, divorciaránse máis, serán máis ignorantes (e/ou máis especializados, no mellor dos casos), terán que nomadear novamente polo mundo para competir máis dura e se cadra máis suxamente por uns postos de traballo cada vez máis escasos, inseguros e peor retribuidos, ou directamente gañar a vida con subempregos (e non me refiro á "xeración Ni-ni"), e, en fín, terán que convivir coa anomia social, o medo (ó "terrorismo" e outras andrómenas, por exemplo) ou a desinformación.

E como sei que todo o que acabo de ceibar é contrario á flema da que moitos quixeran facer gala, emprazo a calquera a contemplar o mundo como será dentro dunha ou dúas xeracións.

juan l. blanco valdés dijo...

Joder, meu, ao seu carón, a Apocalipse de Xoán é case un libro divertido. Pero, á parte brincadeiras, coincido con Vde. e coa súa imaxe dos xinetes da apocalipse financeira que arrasan aló onde pisan, e sobre a negrura do futuro. Nunca como agora os optimistas son os pesimistas mal informados. Será a fin dun ciclo? Imperios maiores caíron, non? ¡Dios nos coja confesados!

Anónimo dijo...

Tranquilos, oh, nunca choveu que non escampara e nada novo baixo o sol. O mundo pasa e cambia, e iso é algo inevitable. Que morreremos nun mundo distinto a aquel no que nacimos é algo evidente. Peor? Mellor? Non se sabe e, ademais, esa é en todo caso unha apreciación subxectiva.

Supoño que a estas alturas todo o mundo coñece esta cita, pero non me resisto a poñela. Demostra, ao meu entender, que nós marcharemos, pero que o mundo seguirá aquí e que ninguén lembrará as nosas tribulacións. É Cicerón, e fala desde o século I a. C.:

"El presupuesto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser disminuida, la arrogancia de los funcionarios públicos debe ser moderada y controlada, y la ayuda a otros países debe eliminarse para que Roma no vaya a la bancarrota. La gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado."