6.6.10

Apocalypse now

Noutra alcoba desta casa, citaba eu hai tempo a lúcida reflexión (grazas, Arume!) de Carlo Maria Cipolla:
A humanidade atópase ―e o acordo é unánime― nun estado deplorable. Ora, isto non é ningunha novidade. Se un se atreve a ollar cara a atrás, decátase de que sempre estivo nun estado deplorable. A onerosa morea de desgrazas e miserias que os humanos deben soportar, quer como individuos quer como membros da sociedade organizada, é no fundamental o resultado do modo extremadamente improbable ―e case diría estúpido― en que a vida foi organizada dende os seus comezos.
Quero dicir coa cita, que a crise histórica e sen precedentes que o mundo está vivindo é a mesma crise histórica e sen precedentes na que a humanidade vive dende que o mundo é mundo. Resulta, creo, unha condición inmanente a toda xeración crer que a súa época é a fin de algo, un dramático momento de non retorno no que cae abaixo, desmoroado, un sistema de valores que ata aquel momento veu sostendo o penoso equilibrio dun mundo en permanente veciñanza do abismo.
No seu retiro mediteráneo, Juan escribiu a Apocalipse hai dous mil anos. Por moi exilado que estivese, non me explico que, no contexto dunha luminosa illa do Exeo, ao meu tocaio se saíse unha cousa tan deprimente. Pero en fin, alá cada quen. Ao que vou é que, dende entón, todos os días é unha apocalipse e hai signos abondos para crermos que a fin está próxima. N'O nome da rosa, Eco, con grande intelixencia e eu creo que tamén con ironía, incorpora á prédica apocalíptica do venerable cego burgalés Jorge, como síntomas inequívocos do cataclismo final, moitos elementos da nosa vida cotiá:
—Y en ese mo­men­to to­do se hundirá en la ar­bi­trariedad, los hi­jos lev­an­tarán la mano con­tra los padres, la mu­jer ur­dirá in­tri­gas con­tra el mari­do, el mari­do acusará a la mu­jer ante la jus­ti­cia, los amos serán in­hu­manos con los sirvientes y los sirvientes des­obe­de­cerán a los amos, ya no habrá re­speto por los an­cianos, los ado­les­centes quer­rán man­dar, to­dos pen­sarán que el tra­ba­jo es un es­fuer­zo in­útil, en to­das partes se el­evarán cán­ti­cos de glo­ria a la li­cen­cia, al vi­cio, a la dis­olu­ta lib­er­tad de las cos­tum­bres. Y a con­tin­uación ven­drá una ola de es­tupros, adul­te­rios, per­ju­rios, peca­dos con­tra natu­ra, y en­fer­medades, vaticin­ios y en­can­tamien­tos, y apare-​cerán en el cielo cuer­pos voladores, sur­girán en­tre los cris­tianos fal­sos pro­fe­tas, fal­sos após­toles, cor­rup­tores, im­po­stores, bru­jos, vi­oladores, avaros, per­juros y fal­si­fi­cadores. Los pa­stores se con­ver­tirán en lo­bos, los sac­er­dotes men­tirán, los mon­jes de­searán las cosas del mun­do, los po­bres no acud­irán en ayu­da de los je­fes, los poderosos no ten­drán mis­eri­cor­dia, los jus­tos se volverán tes­ti­gos de la in­jus­ti­cia. To­das las ciu­dades serán sacu­di­das por ter­re­mo­tos, habrá pestes en to­das las co­mar­cas, habrá tem­pes­tades de vien­to que lev­an­tarán in­men­sas nubes de tier­ra, los cam­pos quedarán con­tam­ina­dos, el mar sec­re­tará hu­mores ne­gruz­cos, se pro­ducirán prodi­gios de­scono­ci­dos en la lu­na, las es­trel­las se apartarán de su trayec­to­ria nor­mal, otras es­trel­las, de­scono­ci­das, sur­carán el cielo, en ve­ra­no nevará y apre­tará el calor en in­vier­no.
Non me digan que non parece o telexornal das nove.

3 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Dame que, salvo en Supertramps (en setembro en Madrid, don Juan) e noutros grupos dignos de fíos musicais, coincidimos en sermos integrados. A min as apocalipses anunciadas a diario non me poñen. E o que é pior: son paralizantes.

Anónimo dijo...

Supertramp na Coruña! Nin a Madrid vai ter que ir, Sr. Valdés! O que aforran no festival do Noroeste vano gastar en Supertramp. Non é coña. O Losada está que se sae.
En canto ao de que no tocante a apocalipses nada lle hai novo baixo o sol, dígoo eu tódolos días, pero peor, claro.

juan l. blanco valdés dijo...

Pasaré por alto estas nuevas ofensas, que interpreto como torpes provocaciones. Son Vds. peores que el glutamato.