Non sabe Vde. o agradecido que estou a cada trasacordo, a cada xuízo encontrado, a cada opinión contraria de todos os que se teñen verquido nesta humilde tasca! Que grande escola de coñecemento é a dúbida! Que grande fonte de tolerancia é a crítica!
3.5.10
Un pensamento fuxidío
Unha das cousas que máis me gusta de manter un blog (non me prestaría máis, tal vez, manter unha querida, como manda a tradición?) é que un somete os seus pareceres, opinións, ideas non ao criterio dos amigos, que, por tal condición, edulcoran moitas veces un parecer contrario cos azucres do afecto, senón á picota permanente de xentes que acceden ao local dun descoñecido, ou case, e que non teñen o máis mínimo empacho en poñer ao propietario a feder, o cal, no meu caso, lonxe de molestarme, me resulta especialmente estimulante. Gustos e afeccións -musicais, literarios, plásticos...-, xuízos e argumentos -políticos, culturais, sociolóxicos, históricos...- que eu daba por sentados (porque un, amais de túzaro, é un chisco vaidoso), resulta que postos ao universal coñecemento, por obra e arte da cibertecnoloxía, son sometidos a sospeita ou dúbida cando non abertamente deostados, ofendidos e vilipendiados, dentro, claro é, das lindes prístinas que sinalan a boa educación e a cortesía. Penso, en concreto, nun par de irmáns que por aí andan, que son peores que aqueles Malasombra, que eran malos de verdad.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Home, Sr. Valdés, eu coido que non anda vostede moi descamiñado... se esquecemos o de Supertramp e outras músicas de ascensor, claro.
Eu hai tempo que non lle dou brasa, pero que saiba que non me amilano. Calquera días destes entro coma un elefante nunha tenda de porcelana chinesa. Só ten que darme un motivo, ou que me levante co pé esquerdo, que para o caso vén sendo o mesmo.
Un saúdo, amigo Juan Luis!
Música de ascensor Supertramp? Es usted peor que el pintas de su hermano. Sus ofensas rayan ya lo intolerable. ¡No desperdicie los últimos siete días!
Api: calquera día volvo ao asunto da lingua e a liamos de novo. :)
Apertas.
Da lingua ou da memoria histórica, ou do que faga falta, que o caso é liala. Home non!
Apertas.
Publicar un comentario