8.5.10

Iconoclastia

Como en tiempo de Nerón, el pagano Constantino y sus secuaces, en nombre de Dios, de Jesucristo y de su religión, aquellos monstruos de fanatismo hacían tragar a sus víctimas líquidos inflamables y luego les prendín fuego por la boca, haciéndoles perecer en medio de torturas atroces con las entrañas abrasadas.
De xeito tan explícito e truculento relata un vello mamotreto decimonónico que posúo a finura con que trataban os iconoclastas nos séculos lonxanos da Idade Media a aqueles que non compartían o seu noxo polas imaxes. Hoxe, en tempos nos que, por regra xeral, gastamos máis deferencia con quen pensan distinto a nós, iconoclasta, en virtude dese fenómeno léxico tan rendible que coñecemos como metáfora, aplícase a quen rexeita a autoridade de mestres, normas e modelos. Sen chegar eu a tanto, si creo que ser un chisco iconoclasta é extraordinariamente positivo pois axuda a relativizar a importancia que atribuímos ás cousas que facemos, co cal se establece unha fluída canle de drenaxe para presións, estreses, angueiras e agobios variados. Eu río moito para os meus adentros da trascencencia e seriedade que a xente pode chegar a conceder a actividades que, no fondo, non teñen ningunha.
O outro día, alguén me describía con desproporcionado entusiasmo unha videoconferencia coa viúva de Borges, María Kodama en certo congreso (tan absolutamente inútil como todos os congresos). Sendo a relatora persoa da miña gran confianza, cando, ao que rematou, eu, inmune ao seu entusiasmo, repliquei que a min con quen me encantaría manter unha videoconferencia é con Elsa Pataky, chamoume iconoclasta. Hai que ver.

3 comentarios:

Apicultor dijo...

A Pataky falando de Borges. Esa sería a perfección suma.

juan l. blanco valdés dijo...

Pois non a vexo eu moi especialista no tema, que quere que lle diga...

Anónimo dijo...

Afirmo que non só non anda moi descamiñado, é que ás veces amosase vostede como todo un Guillermo Tell guiando cara a mazá da verdade as frechas do pensamento!
É que ver escrito Elsa Pataky e saír de min o escritor lírico que levo dentro, todo un. Por non falar da chamada da selva, claro está.