Certa pintada -reinvidicativa da liberdade de dous mozos, excesivamente patriotas, que obra nas paredes dun edificio próximo á miña residencia- debeu ficar gravada a lume, por razóns que me resultan ignotas, na psique do meu pequeno Juanpe, que vén de cumprir os doce.
Ignorante o neno de quen é o galardoado este ano nas Letras Galegas, manifesteille sen disimulo a miña indignación. Quixen aguilloar a memoria do cativo:
-A ver se che soa: Uxío... (e ascendín o ton, nesa prosodia caracteristicamente escolar que estimula a que o alumno continúe o que o profesor inicia).
O neno respostoume, con semblante grave:
-Uxío e Xiana.
El non farían candidatos ás Letras do 2045, por exemplo?
Nice weekend!
(Máis sobre pintadas).
2 comentarios:
Pois si, xa que os tales Ugio e Giana teñen obra de moito mérito, os moi idiotas.
Pois había unha onde eu vivía que tamén quedou na miña memoria, como na do seu fillo: Marcos y Molduras.
Publicar un comentario