Publicado hai uns días en Infolibro.org:
El director general de la División de Librerías del Grupo Planeta, Jesús Badenes, se mostró ayer convencido de que el libro electrónico estará ya implantado en España "dentro de veinte años" y, aunque no desplazará al de papel, sí será "mayoritario" en algunas líneas editoriales. "El libro electrónico está aquí para quedarse", afirmó Badenes en la segunda de las jornadas dedicadas al libro digital, que tuvo lugar en la Feria del Libro de Madrid y en el que la mayoría de los participantes coincidieron en reclamar "un esfuerzo coordinado" ante el reto que supone la edición digital. Por otro lado, Guillermo Altares, director del suplemento literario "Babelia" del diario "El País", calificó de "esfuerzo absurdo el tratar de impedir" que el e-book no esté presente en la Feria del Libro de Madrid.
En efecto, negarlle a butaca ao e-book na Feira do Libro de Madrid é querer poñerlle valados ao vento. Claro que chegou para quedarse. Pero o que aínda non sei é en que termos. Tal e como evolúen hoxe este xénero de innovacións, dende o nacemento comercial dos dispositivos con tecnoloxía e-paper e e-ink, Kindle, iLiad, Papyre ou Sony Reader tiveron tempo abondo para seren acollidos socialmente cunha unanimidade e entusiasmo moito meirandes do que as súas cifras de venda parecen reflectir nos países cultos. Penso que a clave está en iso tan socorrido que di o executivo de Planeta de que o e-book será maioritario en “algunas líneas editoriales”. Coño, que tío listo! Iso xa o sabemos. Os retos do futuro do libro están na especificación de cales serán esas liñas editoriais.
Deixémonos de bromas: o que sostén hoxe o gordo da industria editorial mundial é a narrativa. Por que, nesta altura, Los hombres que amaban a las mujeres, por exemplo, (extraordinaria novela á que, por certo, non son quen de lle botar o dende hai máis dun mes) non é un éxito en e-book cando leva millóns de exemplares impresos vendidos en todo o mundo? Fetichismo? Inercia? Tecnofobia? Tecnofilia? Non será que o libro impreso é un invento caralludo que non é necesario cambiar, e que, pola mesma razón, está chamado a convivir por séculos coas tecnoloxías da comunicación máis sofisticadas?
(Máis sobre o asunto).
No hay comentarios:
Publicar un comentario