22.5.09

Nihil novum

Non me gusta repetirme pero cando nada cambia o vello argumento segue tendo vixencia.
Mañá de primavera. Compostela amence tras un novo botellón. O de sempre. Dígolles unha cousa: algo sei de ser pai. E cando nunha famila non se exerce a autoridade que é inherente a toda organización social, a cousa vai mal. E se iso pasa nunha familia, imaxinen nun país. A cousa -e todos o sabemos- é moi simple: dous e dous son catro. Pero neste país de pandereta, onde todo se discute, onde tododiós entende de todo, onde os límites están segundo quen, onde e cando, dous e dous son... o que vostede queira.

3 comentarios:

Iacobus Von der Stein dijo...

Triste, moi triste, e o máis grave é que non se albisca solución a curto prazo e a longo prazo aparecerás as úlceras e lesións psíquicas, cando non outras cousas máis fodidas.
Teño fillos en idade botellonil e contanme cousas increibles.

Saúdos e veña polo Hostal hoxe sobor das 7 do serán e solventamos ese problema que temos cun mencía.

Ana Bande dijo...

Dende a barreira os bois semellan máis bravos, quero pensar. Nos nosos anos mozos as esmorgas non tiñan nome de intoxicación etílica máis corrían substancias ben perigosas que deron boa conta dunha xeración. De tódolos xeitos, concordo con vostede, e considero dunha perversión insorportable este estado malfeitor e lerdo que non só permite, senón que potencia este culto desmedido ao máis nocivo para a saúde dos rapaces.

juan l. blanco valdés dijo...

Iacobus, xa sabe que non son home de fastos nin bambollas, por moito que sinta a xusta solidariedade e recoñecemento dos ben nacidos para con certas figuras dignas de todo encomio. O mencía (e do bo) téñoo eu na fresca adega destes cómaros verdes da Amaía agardando por comensais (máis ben, bebensais) da súa talla. Cando queira.
Ana querida: ten vostede moita razón (coma sempre). Eu sei de amigos que xa non poden contar do seu paso pola vida porque non sobreviviron aos perigosísimos guiños da sicodelia. Pero mesmo naqueles anos (lea vostede o meu post do día 22, se lle prace), eu (paradigma de crápula case profesional), como toda a xente da miña quinta, recoñeciamos límites, ou non? Esa é a diferenza.
Saúdos.