11.5.09

Grrrrrrrrrr!

Premios para os mellores blogs literarios do país. Vaian por diante a miña ledicia e os meus máis expresivos parabéns para os benqueridos amigos Marcos Valcárcel e Arturo Casas e o resto dos gañadores , a quen non teño o pracer de tratar (mmmmm?, Das orixes de marzo; Henrique-Marqués-Samy e O levantador de minas), porque un será o que sexa pero agradecido é abondo, que a vaidade é a envexa son cousas moi feas e, como as couzas, van roendo por dentro.
En fin. Non se lembraron, no concurso, deste local nin deste autor, tan inxustamente esquecido. Vá por Dios! Nin unha velada mención, nin un miserable accésit, nin un recordo! Estou como aquel poeta pobre e rojo da posguerra que atribúe a flor natural que, nos xogos de Cuenca, concederon a un tal Cantalejo ao mérito de ser funcionario del castastro.
Dous pensamentos laterais: a) isto do exilio interior e vivir de costas á pomada ten que rematar, senón non me vou comer un rosco no que me queda de mili; b) somos tantos e hai tanta calidade que resulta difícil elixir.
Jana me dá de mandalo todo a la porra.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Fai ben en protestar.

Iacobus Von der Stein dijo...

Fixo moito para que non se lle tivera en conta os seus gustos musicais.

juan l. blanco valdés dijo...

Alto aí, Iacobus. Esta si que non lla paso. Pero si me encantan Leilía, Mercedes Peón e Chus Pato!

Anónimo dijo...

Dado que o premio na categoría de poesía foi para A melancolía dos corpos -Xulio L. Valcárcel-, non perda a esperanza: os escritores galegos son tan conservadores como parecen.

r.r. dijo...

¡É que ser nominado escribindo un bló está complicado! Escriba teatro, somos moitos menos e case todos aparecemos na lista.

arume dos piñeiros dijo...

Vostede tamén, don Juan, como vén sendo, mimá! Pense que a min tampouco me escolleron. Vamos á Porra os dous. Chamamos ao Iacobus para que traia pulpo (ou polbo), viño e, sobre todo, música (esa que puxo agora non, eh) e estamos na Porra que nin diola.

Iacobus Von der Stein dijo...

D. Juan, e quén son esas?. Non fale máis e deixeo que está máis juapo

Outaleme dijo...

Proteste, meu amigo, proteste, que o seu blog é tan bo e tan necesario como o que máis. Pero o gañador único foi Marcos Valcárcel. Os demais foron só finalistas.

Ana Bande dijo...

a chorar a Cangas my friend!...jajajjaja...

apicultor dijo...

O seu, amigo Juan Luis, é un dos blogs mellor escritos dos que se fan no país e parte do estranxeiro. E iso non hai que llo negue.

Saúdos.

juan l. blanco valdés dijo...

Un par de apostillas (non me atrevo con apostelas): non sei se me arrisco a insultar a intelixencia dos excelentes contertulios e asiduos deste local se afirmo que, por suposto, o meu post tiña un ton irónico, e que me sinto tan doído de non ter recibido o meu blog un galardón como de que non se me tivese en conta na elección de Mister Sexy Galicia 2009 (ao mellor, mesmo, aquí tinha grande sucesso, non crean, que un en bajito también tiene su público). Pero non, é demasiado improbable, que ninguén me interpretase ad pedem litterae.
Amigo r.r.: teatro xa teño de carallo...
Apertas e obrigado aos comentarios, visitas e alentos.

arume dos piñeiros dijo...

A ironía súa é de carallo. Non quixen ir máis aló do imprescindible: a selección musical cheiraba desde lonxe.

E non dixen nada do lapsus. Ou non tan lapsus?

juan l. blanco valdés dijo...

Non me negará que a selección musical era sublime. Só faltaba xuntar de novo a Fuxan os Ventos.
A que lapsus se refire?

arume dos piñeiros dijo...

Chus/Cristina Pato.

juan l. blanco valdés dijo...

Joder, Arume, ten vostede (como sempre) toda a razón. Chus-Cristina. Será que entre a poseía e a gaiteirada non hai, a fin de contas, tanta diferenza?