Prosaico é un adxectivo que, dende o rexistro estritamente literario, pasou ao coloquial rotulando aquilo que, sen chegar ao grao innobre do vulgar, se nos mostra desprovisto de graza ou galanura. Ten prosaico antónimo? Poderiamos, retornando ás orixes literarias da palabra, pensar que este é poético, pero, de seu, poético e poesía fan referencia ao xénero non á forma do xénero. Quero dicir que existe o que chamamos prosa poética. O antónimo de prosaico sería, polo tanto, versificado, adxectivo que non existe alén das estreitas lindes do tecnicismo.
Se prosaico saltou ao rexistro coloquial no valor que ten é porque, fronte ao verso, a prosa identifícase co carente de matices. De feito, o noso é un mundo prosaico, e dígoo agora ad pedem litterae. Non lle ten soprendido a vostede algunha vez a ausencia de versificación do noso tempo fronte a unha tradición literaria centenaria que se veu desenvolvendo no esencial en verso? E nada de verso libre: tratábase dunha versificación regular, sometida a pautas construtivas sistemáticas, case diriamos matemáticas. As oitavas reais nas que don Luis cordobés deu forma á súa mitolóxica fábula son como columnas clónicas que flanquean unha avenida a intervalos aritmeticamente exactos. Da épica a Juan de Mena, do humanismo ao Século de Oro (cunha interminable nómina de excelsos cultivadores) e de aquí ao romanticismo, prodúcese en época contemporánea unha dramática solución de continuidade que dá pábulo a chamar poesía a calquera cousa e a que pululen de xeito tan extraordinario poetas e poetisas de toda caste, entre os que se contan profesores de secundaria, funcionarios do catastro, amas de casa e mesmo médicos acupuntores. Eu, de por parte, divido os poetas contemporáneos en dúas categorías: os que escribiron un soneto (xa saben alexandrinos en esquema ABBA ABBA CDC CDC) e os que non escribiron un soneto (categoría, esta última, na que, por certo, me inclúio, xa quixera eu...).
Disque don Pedro Muñoz Seca, ao que deron matarile en Paracuellos, escribiu La Venganza de don Mendo por unha aposta, excitada precisamente por quen cría del ser incapaz de escribir unha obra teatral en verso, émula daqueles contundentes dramas que, ao estilo de El puñal del godo, inmortalizara Zorrilla. Non só don Pedro escribiu a obra senón que aínda parodiou todo un xénero en ripios conscientes, ricos de xogos de palabras e enxeñosos dobres sentidos. Creo que La venganza de don Mendo é un dos alardes de humor, imaxinación literaria e figuración paródica de maior altura das nosas letras. Debo ao patrimonio paterno a miña admiración pola obra, da que son quen de declamar treitos enteiros, producíndome agora a mesma hilaridade que me produciu cando a lin (nunha vella edición da posguerra) por vez primeira. Gardo como ouro en pano a versión en VHS que en 1961 dirixiu e protagonizou Fernán Gómez, un dos filmes máis xeniais do cine español.

* * *
Con diez cañones por banda; Volverán las oscuras golondrinas; Recuerde el alma dormida; Me gustas cuando callas; Cerrar podrá mis ojos la postrera; Cuán gritan esos malditos!; Y tú me lo preguntas? ... Quen, neste prosaico materialismo no que decorren as nosas vidas, non lembra un alento en verso, non acubilla o sabor do mel nun feixe de palabras? Un poeta e un soneto, aquel de don Fernando de Herrera que comeza Rojo sol que con hacha luminosa, resúltanme especialmente gratos. Outro día conto por qué, máis ca nada por non ser prolixo.
5 comentarios:
vaia oh...calquera escribe algo decente agora...jajajaja...mudita me quedé!
Henos aquí. Henos, de Pravia
Aí está, amigo, aí está! Ninguén como Manolo Gómez Bur.
Que estiloso o Fernán!
Había aquelas outras rimas, se cadra as primeiras:
"Virgen santa, virgen pura,
haz que apruebe esta asignatura".
O tempora o mores!
E seguía:
que si no la apruebo me da locura.
Ao lamento ciceroniano co que remata vostede, un tal Sanjuás Mera, da parte de Santa Cruz de Rivadulla, que estudou o COU comigo, engadiu, con motivo dunha fetidez ambiente producida por unha ventosidade próxima, un verso macarrónico de propria minerva que se fixo célebre no meu Liceo:
O tempora, o mores
Senatus quae malos olores.
Polo demais, o ripio ten tamén as súas artes, fórmulas, arcanos e segredos. A excelsitude dun poeta de Auria, que foi en certa ocasión gabado por min, foime graduada por un bo amigo, profesor de Literatura galega na Facultade, coa evocación destes versos:
Ai, Orense, Orense,
calle Colón, número 23
casa que fue mía y hoy ya no lo es.
Ciao.
Publicar un comentario