Había no meu pueblo un médico moi retranqueiro, home bondadoso e proverbialmente despistado. Magnífico axedrecista, disque non era raro velo revolver o café cun alfil, mentres coa outra man movía a cucharilla polo taboleiro. Unha vez, unha señora moi fina, dunha familia da vila de toda la vida, díxolle:
-Benjamín, sabrás que vamos a ser vecinos.
O outro replicou:
-E logo?
-Porque estamos construyendo el panteón al lado del vuestro.
E o bo do home, con solícita guasa:
-Bueno, pois se queredes algo, petade.
Au revoir!
2 comentarios:
Teño unha dúbida socialdemocrática...
Quen ten as mellores vistas?
SPNB
Non o sei, liebling. Pero, tratándose de vistas dende o Alén, abofé que calquera será boa, non?
Bicos.
Publicar un comentario