Xa lle collín medo a falar de música neste caderno porque, cada vez que ouso expresar os meus gustos, catro ou cinco agarimosos fieis destas indefensas páxinas bótanse a min coma cans. Pero bueno, son os riscos da popularidade...
As dez cancións que compoñen Enemigos de lo ajeno de El último de la fila son outros tantos fitos na historia do pop español. Nin o desleixo na produción (que chega ao uso de caixas de ritmos, ao estilo das infames microorquestillas das vodas baratas), nin o os excesos sonoros propios dos poucos anos son quen de conter o torrente de creatividade musical e poética do dúo Portet-García. O que veu despois (agás números contados: Ruge Mistral, Sara) e a actual carreira en solitario de Garcia non me entusiasma. Pero este vinilo é un punto e á parte. As melodías e poemas de Enemigos de lo ajeno son, cada un deles, a evocación dalgún momento intenso dos vellos tempos. Cando a música é o envoltorio de emocións que, en certa altura da nosa vida, foron experimentadas en estado puro, faise parte indisoluble de nós.
5 comentarios:
Acepto, vale, El último de la fila. Vale. Está ben. Pero que non sirva de precedente.
Joder, Arume, vale, que non sirva de presidente. Non sabe que alivio teño! Veremos a reacción do brother! Saúdos.
Qué difícil mo pos! O peso da responsabilidade!
Pop (a propia palabra xa o di todo) e dos oitenta. É unha proposta forte. Eu bailei estas cancións nos bares e molaban, claro que molaban (na versión redux ou director's cut, teño que confesar). Pero é que eu nos oitenta, nos bares, bailaba ata cando non había música. Bueno, non sei se bailaba ou era que chegado un punto por máis que me esforzaba non daba atopado a barra co cóbado.
Decidín poñer este comentario por educación, xa que para mín desaparece fragmentos da galaxia. Non podo aguantar al ultimo de la fila, non podo, por iso adeus moi buenas. Valían un pouco a pena cando eran Los Burros, aquel huesos si que me facía tilín. Pero esto, non e non.
Si, amigo Anónimo, eu tamén lembro aqueles anos de barra fixa e levantamento de vidro, en que diversos vapores e emanacións,co adubío indispensable da música, sicotrópicas eran pábulo de moita tontería.
Amigo Iacobus: como di Venegas mejicana, qué lastima pero adiós. Reconsidéreo: algo haberá que lle gusta. Sen ir máis lonxe, qué me di do video de Jaime Morey?
Publicar un comentario