20.4.09

Llegar hasta la esencia

Como dicía Chiquito de la Calzada, con aquela súa prosodia extravagante e indefinible cinética, no puedo, no puedo! Pois eu, que, coma Vde. , recibo diariamente toneladas de spam estúpido e insoportable, por veces recibo cousas que no puedo con elas nin coa tentación de as reproducir nestas páxinas, para universal contento e consoladora risa, que é unha magnífica terapia para moitos males do século. Xa me teño referido aos disparates que normalmente derivan do paso dun texto por un tradutor automático. Cando o texto, ademais, contén elementos que de seu se prestan ao recochineo, o resultado pode ser sublime. Dun tal Irish Laszlo, nome de exótica, e con seguridade apócrifa, mestura de bruma hibérnica e eslava chaira­, recibo un mail cun subject que se agoira fastuoso: Energia para tu miembro sexual: adquirir y ahorrar 85 %. Metido no texto da mensaxe leo:
Sexo es mas satisfactorio que nunca. El estres y la tension han desaparecido. Ella ya no se amarga, ya no me temo que tendre que denegar su peticion. Esto es una sensacion fisica estupenda despues de que sigue el sentimiento profundo. Lo mejor de VI [nome do específico] es una confianza que puedes "volar en piloto automatico", llegar relajado y sin problemas hasta la esencia, que el miembro sigue mantenerse levantado incluso cuando se interrumpa (ninos golpean a la puerta del dormitorio, ladra el perro, se desliza su condon). Toma de VI puede hacerse tambien un regalo grande a su pareja, en el caso de tomar VI conscientemente. Solamente un consejo: no tiene que decir a ella que estas tomando VI: autoapreciacion femenina es tan vulnerable como la nuestra propia.
Cando cheguei ás circunstancias interferentes no levantamento do miembro que lle impiden llegar relajado hasta la esencia (ninos golpean a la puerta del dormitorio, ladra el perro, se desliza su condon) crin que caía da silla.
Polo visto, agora a cabeza dóenos a nós. E é que, con tanto melindre, os homes andamos medio estropeados.

5 comentarios:

susana erotomana dijo...

Ai!
A foto é boísima e o texto tampouco ten desperdicio.
Sabes quén é o autor de tremendo prodixio? (falo do fotógrafo, maila que do modelo tampouco me importaría saber...)

Gustaríame tomala para o meu blog, deixasme?

juan l. blanco valdés dijo...

Su,

a foto pilleina de google escribindo como patrón de busca "viagra". Tú misma.
Noraboa polo blog. Absolutamente orixinal.

arume dos piñeiros dijo...

Pero a foto non é súa, amigo don Juan?

juan l. blanco valdés dijo...

Sapristi, Arume: recoñeceume! O meu natural modesto impedíame fachendear das miñas proezas de dormitorio, pero xa vexo que non hai maneira de safarse da popularidade. Xa lle contarei, xa, dese ángulo recto. La ostia.
[Sottovoce: prégolle a máxima discreción].

arume dos piñeiros dijo...

Acabo de recibir un correo co seguinte asunto: "Proxeneta de su salud".
Como metáfora para engadir ao Lausberg.