20.4.09

Latrica Marica

Pois xa ben qué orixinal. O novo goberno galego. Concordo con algo que lin por aí. Creo que o descoñecemento público que arrodea a maior parte dos novos conselleiros responde máis a unha estratexia consciente do Premier ca a imposibilidade de ter formado un goberno de «notables». Nun país onde, á gran maioría, a forza váisenos pola boca, non ter literalmente nada que dicir dalguén —pois en tales condiciones sería xa ousadía botar a lingua a pastar (que para todo hai)— é a mellor garantía de deixalo funcionar e alá veremos. Por sus obras los conoceréis. Ben certo é que, entre o decretazo da lingua, a bendita Cidade da Cultura (da cal, por certo, hai pouco un bo amigo arquitecto asegurábame que está "chea de silicona"), o lío dos eólicos, a crise inmobiliaria… eu non lles arrendo a ganancia, pero, en fin, creo que cómpre concederlles, cando menos, o beneficio dunha dúbida construtiva.
De por parte, nesta circunstancia, tinguida da asepsia da tecnocracia, boto en falta unha cesión máis persoal, e mesmo íntima ou festiva, nas semblanzas que a prensa ofrece dos novos membros do noso executivo. Que tempos aqueles de Franco cando había novo goberno! Como reflexo de ser cada un dos novos ministros persoas de orde e como Dios manda, citábase con carácter preferente o nome das súas esposas e o número de fillos que, por regra xeral, era elevadísimo. Á parte dos apelidos (invariablemente fachas: Cotorruelo Sendagorta, Iturmendi Bañales, De Arrese Magra, López de Letona y Núñez del Pino, García del Ramal Cellalbo...), sempre me chamou a atención a cantidade de fillos que tiñan os ministros de Franco: casado con doña…. tiene nueve hijos; está casado con doña…. tiene once hijos… Gobernos había de su Excelencia que, sumada en conxunto a prole de todos os ministros, daría para alén da centena, creo eu. Agora, co rollo da protección de datos, calquera fai unha mención persoal! Unha cousa do máis aburrido. Dirá algo o Hola?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

E que pasa con coñecer ou non coñecer aos señores conselleiros ou ministros? Estiven onte cuns moi bos amigos e observei nalgún deles, senón preocupación, se un alto interese por a quén lle caera tal ou cal consellería. Trátase de xente coma nós, Sr. Valdés, que hoxe están sentados exactamente no mesmo lugar onde o estaban o venres (e que non agardaban outra cousa, por certo).
Patxo Unzueta contaba hai moitísimos anos que cando el era un cativo regaláranlle unha bicicleta en miniatura co seu ciclista enriba dela. Quedara fascinado ao ver como o ciclista daba pedais e movía as rodas, ata que reparou que era a bicicleta a que ao moverse polo chan facía que as rodas xiraran, sendo estas as que provocaban o movemento das pernas do ciclista, creando aquela ilusión que a el tanto lle gustara. Do mesmo xeito, é a realidade a que fai moverse aos conselleiros, inda que se pretenda ver outra cousa. Así que: a quen carallo lle importa quen estea alí (ademais de ao propio tipo, ao seu ego e á súa conta corrente, por suposto)?

Iacobus Von der Stein dijo...

Non coñecemos aos conselleiros xa que son xente de arredor dos +-50 anos e que foron cargos intermedios nas Administracións do PP ( ía poñer Conservadoras e corteime, terei que escomenzar a non cortarme).
Os conselleiros de Fraga estaban cantados xa que en realidade nomeábanllos os Romay, Cacharro, Baltar e Cuiña.
Eu agardo que lexislen por consenso, eso para mín xa xustificaría un goberno de técnicos, e que non fagan moitas barbaridades que non será difícil. As caralladas como a do Citröen e demáis estupideces eu non lles presto atención, nin siquera creo que as merezan

juan l. blanco valdés dijo...

Home, Iacobus! Celebro con alegría loca que non me abandone, aínda que, polo que se ve, non lle gusta El último de la Fila.
Coincido ao 100% nos seus desexos de consenso e sentido común. Alá veremos. Pero, unha cousa: o morbo é o morbo. Que sería de nós sen morbo?

Iacobus Von der Stein dijo...

Do goberno anterior agás dous ou tres non había que ser moi listos para intuír que eran comisarios políticos.
Dos actuais, agás Rueda, que é o que vai corta-lo bacallau, a mín dame que os chamaron para calar e traballar, que é nin máis nin menos o motivo polo que non-os chamaron a vostede e a min, por exemplo.
Seica contactaron co Medela pero obrigábanlle a negar tres veces os AC-DC e por iso non pasaba.
Fontes xeralmente ben informadas, tamén din que o Arume estivo sendo barallado, pero a súa ascendencia berciana menguou a súa candidatura, a parte de que o parecer, normal en semellante persoalidade, pedía o posto de Presidente. Carallo pro Arume.

Iacobus Von der Stein dijo...

Esquecía dicirlle que se non quere verse envolto nun conflicto diplomático non volte a nomear o affaire El último de la fila.