26.9.08

Eternos lectores


«A crise non afecta aos libros porque son necesarios para o eterno lector», pensa o editor de Anagrama Jorge Herralde. Seremos, os «eternos lectores», quen de superar a crise, e, aínda máis, estará o futuro do libro —entre o crescendo imparable de cincocenteuristas e inmigrantes, máis ben pouco dispostos a gastaren cartos en libros —nas nosas mans (é dicir, nos nosos ollos)?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Seica os inmigrantes, por suposto os de latinoamérica, non son precisamente os menos lectores. Aínda que o seu nivel económico non llo permita sempre.

Anónimo dijo...

O problema non é a falta de lectura, nin a solución a moita lectura. Pódese ler moito e, sen embargo, ser un troglodita en moitos aspectos da vida. E viceversa, e viceversa da viceversa. Ou sexa, no fondo sempre é un asunto de calidade.

El Gachupín de Garibaldi dijo...

Di a miña nai que non se trata da cantidade de libros editados se non á calidade dos títulos. Cada vez máis autoaxuda e bestsellers.
Eu aínda non son eterno lector porque como son pequeno non se ler, pero a miña nai si o é e di que os andeis de libros interesantes e editoriais independentes cada vez son máis pequenas. As librarías van pechando dando paso aos supermercados e as pequenas editoriais morren de morte natural.
é dicir, ela cre que a bibliodiversidade (e por tanto os eternos lectores) é a que está de crise...

juan l. blanco valdés dijo...

Joder,unha boa presada de ideas en tan poucas verbas! Que traballiño dan contertulios tan cultos e sensibles! En efecto, teremos nós que dicir dos inmingrantes latinoamericanos! Apenas dous apuntamentos editoriais a unha impagable achega cultural en español: Fondo de Cultura Económica (México) e Losada (Bos Aires). Non quixera que se entendera mal o meu argumento nin, por suposto, que se enxergue a máis mínima chispa de racismo cultural. Pero na complicada mecánica de habituación a un novo país, creo que non vai ser precisamente a lectura en español un exercicio preferente de polacos, rumanos, subsaharianos... Este (e outros factores como a amentada estilización da clase media, cunha base enorme de mil, oitocentos ou cincocenteuristas) están apuntándose polo especialistas como determinantes da futura industria editorial. A abafante presión dos best-sellers e unha "literatura" de usar e tirar, como apunta o pequeno Elías Javier (quen, coma el mesmo recoñece, aínda non está en idade de discernir certos extremos...), son outros factores importantes: súmanse esporadicamente á léctura oleadas de "non lectores habituais", o tipo de consumidores que pulula polas grandes áreas, e que, mesmo, fan subir un punto ou dous os índices anuais de lectura (o que ocorreu co inefable Código da Vinci das narices. Que máis dá, a fin de contas? Best-sellers, manuais de autoaxuda, xornais...bibliodiversidade (encántanme o neoloxismo, Elías!, lembranzas á súa culta nai). O caso, Api, é ler. Claro que se pode ser un troglodita e ler moito, pero teño para min que deben os menos casos. Persoalmente, creo que a lectura é, como toda via de coñecemento e cultura, un elemento fundamental de melloramento persoal. Claro que dependerá de moitos factores, especialmente de qué se lea e de qué se faga co lido (Reinhard Heydrich era un lector impeninente e home cultísimo...). Produciron en min, neste sentido, unha impresión imborrable as sensacións dunha
charla sobre a lectura
que impartín non hai moito en certo establecemento penitenciario.
En efecto, como apunta Api, non fondo sempre é un asunto de calidade. Este último verán, eu, mortal inimigo da cultura dos best-sellers, gocei coma un anano a lectura de O último xudeu de Noah Gordon.
Do que non cabe dúbida é de que o eterno lector, como di Herralde, sempre estará na retagarda, sempre estaremos na retagarda cun libro na man e preguntándonos, como Supertramp, Crisis, what crisis.