25.9.08

Pragmática


Por moito que esteamos afeitos aos mecanismos pragmáticos da linguaxe ―iso que se ten denominado, con acerto, o "significado invisible", o que nos leva a interpretar correctamente mensaxes como iguales precios barra y mesa ou alquilo piso a estudiante con calefacción―, por veces certas presuposicións resultan impresionantes. No cartel anunciador dunha oferta nun súper leo:
PECHUGA DE POLLO
CON HUESO FAMILIAR
Cando a señora que levaba diante, acollida á oferta, depositou a bandeixa coas peitugas na cinta de cobro, tiven que apartar á vista temendo que a caixeira lle ofrecera o fémur dun curmán envolto en film transparente.

2 comentarios:

r.r. dijo...

xD

¡Eu empecei lendo as maiúsculas e tamén levei un susto bo! A min pásame moito iso de evitar os significados ocultos e claro, penso que son un babeco, pero logo tamén penso: ¿e non será que podiamos facer un pouquiño ellor isto de falar e escribir?

juan l. blanco valdés dijo...

Non se trata, do meu punto de vista, tanto de escribir e falar mellor -que, probablemente, tamén- senón dos propios recursos inevitables (pero curiosos, moitas veces chispeantes, e, creo eu, en calquera circunstancia fascinantes) dos mecanismos pragmáticos. Non deixa de ser un misterio que nos entendamos lingüisticamente de xeito tan perfecto sobre estruturas superficiais que, de entrada, nada teñen que ver co seu significado intencional. Pense na seguinte escena (real, tomada da vida misma): dous irmáns vendo a tele; un ponse diante da pantalla e o outro dille:
-A ver, carne de burro...
A tradución é,. naturalmente, "apártate que non me deixas ver".
Saúdos (e obrigado pola visita).