14.5.08

...todos (as) sacan astillas

En latín: Dum eris felix multos numerabis amicos. En paladino romance: Del árbol caído…Ao mellor se tivese saído presidente do goberno concitaba más adhesiones y el general aplauso. Digo eu. ¡Recia cosa es la política!

3 comentarios:

donagalaica dijo...

Pois eu, sinceramente, alégrome. Se pasase o que eles xa non poden agochar noutro partido, quen os vería coma voitres na carroña.
Era previsible que sacudirse todas esa carrachas, que caeran do bigote de Aznar, ía ser a inminente e complexa tarefa, despois de ver o resultado que lle dera o equipo nas últimas eleccións.
Unha curiña de humildade non nos vén mal a ninguén.

juan l. blanco valdés dijo...

Non, non, se eu non deploro o que lle acontece a don Mariano nin ao PP, e estou plenamente de acordo en que a)unha cura de humildade nunca lle fixo dano a ninguén, e que b)era, en efecto, perfectamente previsible que, visto o resultado electoral, se impuxera de xeito inevitable abrir as fiestras e orear a fondo a casa e limpar o can de "carrachas aznarianas" (brillante o símil, Donagalaica).
Ora, así é a política. Se o xuízo do pueblo (e non hai nada máis veleidoso, voluble e imprevisible ca o xuízo do pueblo) tivera sido outro, andarían a cobadazos para arrincar de Rajoy unha prebenda.
-Que fea é a política!
-Pero cantos tolean por ela!
Sonlle cousas da vida por Castelao.

donagalaica dijo...

Si, si, se non dubido da súa postura e tamén concordo con que lle terían bicado os pes (por non dicir outra cousa de sonoridade máis dubidosa) se hoxe fora Presidente do Estado Español, como seguro lle tería gustado que o nomeasen.
Porquería hai en todas partes. No caso deste partido non era intuído, senon seguro, pero eles, erre que erre a limpar para debaixo do tapete. E agora que houbo mudanza..., mimadriña, o que alí había!