26.2.08

Debate?

Non é a sociedade, que, como todas as sociedades da historia, nin é boa nin mala. A sociedade de hoxe é a que hai, produto do seu tempo e circunstancia concreta. Pero o momento social, creo, é malo. O debate ZP-Rajoy de onte, alén de todo o tipo de consideracións políticas que se queiran facer (e se fan moitísimas porque aquí se badúa de carallo) e da descomunal campaña mediática que o precedeu, foi algo triste, máis ben, deprimente, e non pola calidade dos candidatos, nin o rollo macabeo de cada un, que alá cada quen. Non. O deseño do debate, con todo pautado e pactado, foi o triste: como parece inevitable que os cidadáns deste país convirtamos todo debate político nunha confrontación virulenta e visceral (ai, a longa sombra do 36, e o mito das dúas Españas!) , solución? Non dar pé ao máis mínimo enfrontamento, amoldar aos tíos que queren ser presidentes do país ―nin máis nin menos― á condición de meras talking heads que, nun diálogo de xordos, declaman datas, datos e porcentaxes. Os esforzos do moderador por cortar de raíz, coma un mestre magnánimo, a máis mínima réplica de calquera dos contendentes e de levalos, como nenos guiadiños, polos bloques temáticos que ía anunciando, resultáronme tristes, como digo, patéticos e deprimentes.
Se isto é a política do momento, en fin, que baixe Deus a velo

5 comentarios:

FrancisMR dijo...

Sr. Juan Luis, permítame o atrevemento de remitilo ao noso blog. Se xa tivo ocasión de coñecer a "anécdota" chegamos tarde, pero se podemos ofrecerlla en primicia, creo que lle ha gustar.
http://tevabuena.blogspot.com/2008/02/homes-respectadosrespectables.html
Saúdos.

Anónimo dijo...

O problema, penso, é tanto da política coma dos medios.
Agardabamos con ansia este debate, moitos, a verdade, por ver se ZP era quen de medio merendarse a Rajoy. Todo disposto: platós importados de non sei que país, todas as tecnoloxías punteiras e un clásico dos informativos, Campo Vidal, ao servizo de acadar un share de "quitarse el sombrero". Non sei se era posible imaxinar outro resultado distinto, aínda que o desexabamos.
De que serviu? De pouco, penso. A dereita vai ir aos colexios electoriais en procesión coma ao Valle dos Caidos nun 20 N, e a esquerda, crítica, escéptica e castigadora, quedará boa parte dela na casa, pensando que iso do "voto útil" é unha necesade. Que non se lle debe regalar porque si ao partido maioritario nin quitarllo a quen o merecería máis, ainda que teña menos opcións de acadar representación.
Podiamos seguir e seguir, especulando, exorcizando, pero non imos poder facer outra cousa que ir votar e que dios nos pille confesados.
Apertas.

Marco Piña dijo...

Propongo debate fuera de plato TV vs bar con un buen vino y tapas, sin acuerdos previos vs tematica abierta,sin trajes y asesores de imagen vs look de andar con los amigos y pensando ambos oponentes que no se graba el mismo.

Os aseguro resultado diferente y mucho mas util......

No hay nada peor que hablar pensando en quien esta al otro lado....y menos cuando el poder esta por medio...

Nos merecemos mejores politicos, en eso no tengo ninguna duda.....

Y desde luego propongo que nadie pueda legitimarse en el poder sea cual sea su cargo mas de 8 años...

Y ademas primarias obligatorias en todo partido politico.....pero por favor nada de meses como en EEUU seria insoportable....

Quizas sin horizonte en el cargo ilimitado en el tiempo su realidad fuese mas cercana.

Saludos.

Anónimo dijo...

Está montado así.

Dito noutras palabras: estamos, para ben e para mal, nunha democracia de audiencias (Manin), e a tendencia congruente coa mesma é a pura e dura personalización da política, segundo marcan os cánones e métodos do marketing. Isto é, a americanización da política inúndao todo, sobre todo nos seus aspectos máis "superficiais".

E ao tal préganse inevitablemente todos os líderes e forzas políticas, incluídas aquelas supostamente máis críticas co funcionamento do choio.

De pouco vale, pois, lamentarse.

juan l. blanco valdés dijo...

Carraboujo: moito lle agradezo o xentil convite. Magnífico o post e magnífica a evocación do loitador, de nome imperial, Justiniano. Que al cerrar los ojos la postrera hora se faga gala de tal lealdade non é, de certo, reflexo dos tempos e reconcilia un tanto cunha época no que criamos nas ideas (o suliñado é meu). En efecto, en sintonía cos comentarios aquí expresados, todo se substancia nun márquetin ciclópeo encamiñado a convencer aos indecisos, clave, polas trazas, da cita electoral do día 9. Parece que, fóra mostrar diagramas estatísticos en papel e declamar porxentaxes e millóns de euros, e dicir moito mire, señor..., é pouco o extracto seco primitivo que fica. Lembran aquilo de
-Teño unha idea.
-¡Desfaite dela!
E habería que engadir:
-E cámbiaa por unha porcentaxe!
De verdade que se esta é a media, claro, Marco, que non nos merecemos a estes políticos. Doulles unha alternativa:
¡VOTE EN BLANCO (VALDÉS!
Nota: o ménage à trois de onte en San Francisco foi de puro Kafka.
-¡Que cosas se ven don Pero!
-¡Que cosas se ven don Nuño!