13.2.08

Ovos da serpe

Lembro un tempo no que a policía non andaba con contemplacións. A min cascáronme un porrazo de putísima madre no ombreiro dereito na praza compostelá de Puente Castro cando, con dezasete anos, berraba amnistía xeral. Unha mosca move as ás en Nova Iork e chove en Pedrouzos. Ben sei que a relación entre o porrazo daquel gris, que Dios teña na gloria pois xa daquela ía vellouco, e que Marcelino Camacho saíra do cárcere é en exceso transitiva, resultando imposiblemente complexo remontarmos causas e efectos entre algo tan íntimo e fuxidío coma a dor (máis grande é sempre a humillación) do meu ombreiro e o feito, remarcable, público e —este si— histórico, da liberdade de Camacho. Pero, con todo, a min, que non por iso vou ter que render contas a ninguén, gústame crer que si, que hai unha relación entre unha cousa e a outra, e que foron moitos porrazos os que propiciaron neste país moitas cousas boas.
Trinta descerebrados/as vítimas dunha comida de coco acojonante (aí seguimos: rigor extremo era a consigna dos mozos radicais da violenta SA alemá nos anos vinte e trinta) insultan a unha tía coas pelotas máis grandes cás de todos eles xuntos (xa saben, o medo, mirar baixo o coche todos os días, pensar en explosións, a paranoia daquel que moito che mira e qué levará baixo o brazo…). Ben. E que lle chaman? Fascista. En fin. Sen comentarios. Dentro de vinte anos estarán todos/as pagando unha hipoteca e o crédito da voda.
O máis pintoresco de todo —son feitos así os que dan a a medida dos tempos e o país— é que a medida progresista e, supoño, politicamente correcta é que a policía non interveña. Por moito menos cascáronme a min nun ombreiro e aquí sigo. Dando guerra.

Nota (inserida o 15 de febreiro): por suxestión dunha boa amiga, elimino a ligazón a blogs.periodistadigital.com que este post contiña. A razón? Incluíno, de xeito acaso apresurado (isto de andar a tantas guerras, xa saben...), para complementar cunha nova de fondo a inhibición das autoridades académicas no asunto, pero a posteriori, tras a advertencia da miña xenerosa lectora, decateime de que podía extrapolarse de tal inclusión unha certa sintonía ideolóxica deste blogueiro co medio en cuestión. Nada máis lonxe da realidade, como agardo poida deducir quen siga estas páxinas.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Ten toda a razón no que di e, por suposto, condeo as agresións destas bestas pardas (nunca mellor dito). E tamén no da actitude de "ollar para outro lado" tan típica das autoridades académicas (e non fai falta lembrar agora cando outros descerebrados acosaron vilmente a seu irmán hai anos).

Mais tamén hai que recoñecer que todos tratan de quitar tallada de penosos incidentes coma estes.

Véxase, se non, o que se di na información que vostede pon na ligazón:

"Hay que reconocerle al tándem PSOE-BNG haberle dado alas a los energúmenos separatistas potenciando la inmersión lingüística y la política cultural excluyente".

Esta relación causa-efecto é unha manipulación en toda regra, unha indignidade que di moito da falta de ética xornalística do medio en cuestión.

Entre os dunha banda (nunca mellor dito) e os da outra banda (idem.), estamoa aviados, amigo Juan Luis.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Mire usted, eu creo que comeduras de tarro e enaxenacións mentais ao marxe, esta xentiña violenta atópa unha boa cobertura na súa universidade grazas á covardía e a pasividade das autoridades académicas. Os que lembramos as agresións ao seu irmán e a outros profesores da USC coñecemolas ben. Pola outra, tamén é certo que estes "echados pálante", estes partidarios "de los puños y las pistolas" atopan o respaldo de certos colegas da súa empresa. Deses que na cafetería teñen a desvergonza de xustificar a agresión ao outro sobre a base de disquisicións aristótelicas do concepto "empuxón", "violencia verbal", "democracia"... Xustificacións que, por outra banda, lembran á vella idea cristiá dos bispos que no 36 defendían a Santa Cruzada baixo a forma de "guerra xusta". Na súa mente, María San Gil e a outra, a cousa, o inimigo, a de fora, a moura, que hai que expulsar e, se cabe, suprimir.

En fin, que esta xentiña é como un gran no cú. Agora esta por ver si o Senén será o cirurxían que o extirpe ou, polo contrario, daralles vaselina aos seus colegas para que a "traguen" mellor.

Anónimo dijo...

A pregunta que me fago eu sempre (porque coñezo máis ou menos ben o asunto) é quen quenta a estes rapaces e, por suposto, agocha a man?

Anónimo dijo...

Había anos, moitos, que eu non facía o que fixen onte. Nos últimos anos 70, pouco despois de que Xoán esixira a amnistía para Marcelino Camacho e os seus compañeiros de cadea, atacábame a min a irresistible curiosidade por saber en que cavilacións andarían os da extrema dereita vendo como se lles ía esfarelando o réxime que eles pesaban atado e ben atado. Así que, sequera unha vez por semana, xunto co País levaba para a casa o Alcázar. A lectura dos editoriais e artigos de opinión deste voceiro do franquismo producíame unha sensación difícil de describir, unha mestura de pracer insano e de arrepío. Onte deixeime caer polas webs nas que deixan as súas opinións os que habitan as proximidades ideolóxicas dos agresores de María San Gil. Non me interesaba, por suposto, o que se opinaba dentro do “ovo”, léase AMI ou asociacións semellantes, porque por aí non caben sorpresas, pero consoloume algo saber que nun entorno como o de Vieiros (recomendo a lectura dos comentarios dos lectores nos artigos relacionados coa agresión) o asunto ocasionou controversias airadas entre persoas que militan no nacionalismo político (e lingüístico) máis radical. O que me entristece é o feito de que catro monas ocupen as portadas dos xornais de toda España (é a todo o que poden aspirar) e que lle sirvan a Fedegico para desde o seu púlpito enmerdar máis se cabe o xa noxento debate político nacional.
Saúdos para todos.

Anónimo dijo...

A ver, concordo e disinto.
Concordo en que a violencia pola violencia non leva a lado ningún, con que a liberdade de expresión debe ser repectada sempre -malia que ás veces dean ganas de lle calar a boca a máis de un-, con que se pode e se debe disentir pero de forma pacífica.
Pero sorpréndenme atopar neste espazo certas opinións, porque penso que María Sangil é unha cínica reaccionaria (que si, que non debería ter que levar escolta nin mirar todos os días os baixos do coche nin ter que atopar o careto, fronte a fronte, dun asasino. Unha ideoloxía que non se comparte, máis que é legal detro dun estado democrático debe respectarse e nada xustifica esa absoluta coacción á liberdade individual dun indivíduo).
Sorpréndeme que se diga que ten máis huevos ca "eles", porque na postura dos PePes, non vexo máis ca covardía, tanto como vexo na outra banda, pero covardía ao fin.
Chócame igualmente que aquí se teña feito recaer a responsabilidade última dos acontecementos de Santiago no Reitor da USC, porque é certo que foi nun espazo da Universidade onde se produciu o "altercado", pero é unha resposta dun sector da sociedade, que coincide que son estudantes universitarios.
Non me comparen, por favor, esto coas agresións que anos atrás se produciron contra Roberto Blanco ou Darío Villanueva, porque creo que estamos a falar de cousas distintas. Ben é certo, que o "móbil" ten unha base ideolóxica (que eu nunca xustificaría), pero nun caso trascende o espazo no que se tenta combater (sen cabeciña ningunha, insisto) a quen representa unha postura concreta dentro dun ámbito máis acoutado, como sería o dunha Universidade; e no outro estamos a falar dunha oposición extremista a un posicionamento político de alcance nacional. Vale, algo teñen en común, desde logo -o inxustificable dos tales actos-, pero aínda así, non me parecen susceptibles de comparación.
Pecho este comentario, insistindo en que nunca xustificaría un acto violento co que se pretende manifestar a oposición a unha determinada ideoloxía. Esquece esta xente que nunca unha guerra rematou en paz. Xa o dixera Churchill: "Unha guerra nunca resolve problema algón. Non fai senon crear outros novos".
Por certo, Sr. Blanco, non sei se onte tivo oportunidade de ver o debate en TVE, no programa 59 Segundos. Se o viu, non está Vd. máis esperanzado? Eu si.

Anónimo dijo...

Pois eu creo que lle vai moi ben probar algo da súa propia medicina.
Que saiban tamén o que é sentirse acurralado.

Anónimo dijo...

Eu, permítanme señores, falando desta xente -refírome aos do PP- creo en calquera cousa.
Agora ben, non poido poñer a man no lume, non, pero si un dedo a que aí o que houbo foi unha representación digna dun grande escenario.
Estou case seguro de que a vontade dos rapaces non foi nunca a de agredir físicamente á persoa de María San Gil, senon a de manifestar o seu desacordo co que representa. Cansos estamos de ver actuacións das "fozas e corpos de seguridade", sexan do Estado ou privadas e aí non é que se poida confiar moito.
Non defendo a violencia, pero si o dereito a expresarse libremente. María San Gil representa moitas cousas, unha delas á dereita máis reaccionaria dos últimos trinta anos.
Xa abonda de facerse as vítimas: vítimas son os civís que morren cada día en Irak, Afganistán e Pakistán. Vítimas son as mulleres que morren a mans das súas parellas. Vítimas son os que perden a vida por actos terroristas. Vítimas os que sofren por medo á ameaza, e neste último grupo entran os políticos "nacioalistas españois" -dito sen acritude, que quen esto escribe non é nin centralista nin todo o contrario-; eles si, pero con outros moitos traballadores que non teñen escolta, cidadáns anónimos aos que a casualidade fixo estar no lugar e na hora más terribles. 192 mortos contados no 11 M, tantos coma falacias nos quixeron facer tragar os que gobernaban, e non querían deixar de facelo, entón, que, se non me equivoco, eran amigos desta señora.
Mala estratexia é a de facer política con falsas heroicidades. Xa se sabe a quen se colle antes cá un coxo.

Marco Piña dijo...

Lo siento Juan pero viendo estos comentarios creo que algo se pudre en la terriña......

No hay nada más penoso y zafio que no permitir a otro expresar su opinión y mas utilizando la violencia.!!Como puede alguien desear la muerte a otra persona solo por pensar de forma diferente!!!!.

"Un pueblo no es verdaderamente libre mientras que la libertad no esté arraigada en sus costumbres e identificada con ellas." Mariano José de Larra

Anónimo dijo...

O malo que ten escoller “anónimo” para asinar é que os lectores non sabemos se é un ou se son tres. Agardando a que o dono do local, como lle corresponde, dea unha resposta de seguro mellor razoada aos comentarios, quixera facer algunhas matizacións:

Cualificar de "cínica reaccionaria" a San Gil non parece moi exacto. O de cínica é unha apreciación abondo subxectiva que non encaixa coas definicións do dicionario:

1. adx. e s. (Dise do) filósofo dunha escola ateniense, fundada por Antístenes, que propugnaba o desprezo ós convencionalismos sociais e un estilo de vida austera. Dióxenes foi o seu representante máis coñecido.

2. (Dise de) quen fai o contrario do que di ou di o contrario do que pensa.

Paréceme que neste caso nin unha cousa nin a outra.

Reaccionario pode ser calquera, depende de que cousa falemos. Postos a buscalos, calquera nacionalista vasco é, en moitos aspectos, bastante máis reaccionario ca esta señora. Por descontado, a moitos deles acáelle perfectamente a segunda acepción do adxectivo "cínico".

Dito todo isto sen ánimo ningún de defender as posicións políticas que defende María San Gil (meigas fóra!). Máis ben en oposición aos que, desde unha pretendida ideoloxía progresista negan aos demais o dereito lexítimo á discrepancia. A manipulación política e informativa de feitos coma este son absolutamente condenables, pero non debería desviarnos da cuestión principal.

Segundo as últimas informacións, a decana de Económicas empezou a cumprir cos deberes do seu cargo. Felicítoa, pero non me gustaría estar na seu pelello. Postos a escoller entre solidarizarse coas vítimas de fóra ou cos verdugos do país, non ha faltar que se incline por estes últimos.

Nuca dijo...

A imaxe, evocada no post, da relación entre as alas da volvoreta e a tormenta a kilómetros de distancia foi moi empregada para explicar a teoría do caos.

Pero o noso País non está en medio do caos por mor deses desgrazados feitos que tiveron coma protagonista a San Gil. Tanto os agresores materiais como os inspiradores intelectuais carecen de base sociolóxica por estos lares que xustifique os feitos.

Anónimo dijo...

Despois de ler algún dos comentarios aki verquidos, eu sigo a pensar que o reitor e pusilanime, ou ben gosta de estar "prisioneiro" na xaula de ouro reitoral cos seus actuais socios de goberno. É máis, se non me esquezo algún deles xa foi no seu día a "jalear" á carlistada de AGIR que se fechara en Filoloxía sendo decana Mercedes Brea.

En fin, o Senén e os seus ad-lateres dirán o que queiran, pero, como dicía o meu admirado Lenín, os feitos son tozudos, polo que o mostrán como un pusilánime. E máis, como un "bo galego" polo seu particular gusto por tapar o nariz e mirar para outro lado.

Polo demais, a Decana de Económicas non só é unha valente, senón que ademais é persoa, e das de ben. Unha das cousas que cando pasan atentados como este é o máis difícil de atopar entre a fauna docente que pobra a USC. A súa actitude, como a dos compañeiros e alumnos que a secundan na denuncia dos feitos e dos violentos, paréceme admirabel frente a ese querer quedar ben daqueles que, como en tempos de Franco, insiten en desculpar, xustificar ou non tomar partido con esa galeguidade del si, pero non, é que, habería que matizar, quizáis conviría distinguir, non é o mesmo, a culpa é de Bill Gates e da violencia machista.... Así, así, nos vai como povo e como cultura: de puto cú.

juan l. blanco valdés dijo...

Agradezo os comentarios e pido disculpas por non os contestar antes. Eu creo, queridos amigos, que, como di moi ben o amigo Manolo Diéguez, reaccionario, demagóxico, cínico... son adxectivos que, como a feira, van segundo quén. Eu creo que dese xénero hai acó e aló, na dereita e na esquerda (a cursiva é miña, manda carallo ter que andar poñéndolle cursivas!!).
Mágoa é, en calquera caso, que estes catro mamarrachos dean pábulo a telepredicadores como Fedegico, como apunta Manolo, para intoxicar a opinión e proporcionar argumentos para incrementar o ton das discusións políticas populares nas cañas, cafés de descanso laboral e ceas de empresa, que é onde neste paisiño noso arranxamos o mundo. Do outro lado, está Francino, claro.
En fin. Algo cheira a podre, Marco, en efecto, como en Elsinor. O día que, tras acontecementos como o que comentamos, ninguén se acorde de botar merda enriba duns (PP) nin doutros (Bloque, PSOE) e que poidamos discrepar con serenidade e intelixencia, algo terá cambiado neste reino. Coa sabedoría do bo Juan Pueblo, dicíame o outro día un señor maior, con apenas estudos primarios e sobrevivente dun réxime tan agradable coma o franquismo: eu, se non queren ir ver a esa señora, pois carallo que non vaian, ou lles manda aljén ir? Porque, quen son eles para lle fechar a boca a ninjén. Para min, unha análise excelente.
Dubidar, amigo Solovio, da valentía das autoridades académicas paréceme ofensivo: parécelle pouca mostra de coraxe terlle retirado o doutoramento honoris causa a Francisco Franco? Iso son cojones e o demais é coña (había que ver quen de todos eles llo retiraba en vida...).
Saúdos e, de novo,a miña gratitude polas visitas e puntos de vista.

Anónimo dijo...

O anónimo que parece ter ferido a sensibilidade dalgúns visitantes deste espazo pide desculpas tamén ao seu propietario se en algo ofendín a alguén.
É seguro que me expliquei mal. Remato dicindo que eu, que non corcordo en absoluto con posturas de dereitas e tampouco coas nacionalistas de esquerdas, penso que é posible respectarse, debater e confrontar sen violencia. Se outra cousa se entendeu do meu comentario, de novo, desculpas, pois non era a intención, menos a defensa dos "presuntos agresores", se os houbo.
Sr. Juan Luis, non foi a miña intención sementar esta discordia. Andarei con máis tino na próxima, pero si que me gustaría poder opinar con libertade e respecto, sen que ninguén me tache de covarde ou podre.

juan l. blanco valdés dijo...

Amiga/o anónima/o:
Estou certo que o cheiro a podre do comentario de Marco, que eu recollín relembrando a sospeita famosa de Hamlet, non era unha referencia en absoluto ao comentario de Vde., senón un pensamento xeral. Toda discrepancia é o froito de algo e pode ser o xermolo de algo máis. Desculpe Vde. se por algo verquido nestas páxinas se sentiu ofendido ou molesto. En liñas xerais, creo que o ton de respecto ao punto de vista alleo é algo que, neste local, me privilexia (desproporcionadamente aos meus pobres méritos).
Grazas pola aclaración.

Anónimo dijo...

É ben certo, que "cojones" tiveron as autoridades académicas da USC agardar trinta anos ata quitarlle o título a Franco... Supoño que agora habera que agradar outros trinta máis ata que as ditas autoridades se decidan a resolver "asuntos menores" como os acaidos en Económicas estes días (amenazas de morte incluidas)... (¿?!!). Como diría Morris: amigos, iso é galeguidade !!!

Marco Piña dijo...

Gracias por la aclaración Juan. efectivamente mi adjetivo de "podrido" no se referia a persona alguna sino al colectivo y clima social.

Ya comente en una ocasión, que respeto la opinion de todo el mundo para defender su posicion e ideas, sin necesidad alguna de utilizar expresion ofensiva.

Pero me reafirmo en mi sensacion de "podredumbre" con lo oido esta mañana en el programa de Carlos Herrera respecto a una llamada de la Presidenta de la Asociación de Galicia Bilingüe y los incidentes en Vigo.

Que cada uno opine y exprese su opinion,que luego cada uno formamos la nuestra. No necesito salvadores de patrias en mi nombre.

Un saludo y besos a la familia, amigo Juan.