5.3.07

Postales gallegas de hoy. II. La casa tradicional. El urbanismo contemporáneo


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Non hai comentarios. Non pode habelos.
Agora, por outra banda, tamén sería posible quitar fotos a cousas bonitas. O discurso do feísmo xa semella algo repetitivo: demasiados libros, artigos, mesas redondas, entrevistas, pos... Existe a posibilidade de amosar o que está ben pensado e feito para dar exemplo e decatarse de que outra Galicia sería posible. Sería outra forma de crítica, máis orixinal, máis chamativa, non si?
Haberá quen non o vexa así e coide que na visión da parte bonita haxa autocomplacencia, mais eu comezo a crer que é nas voltas e reviravoltas ao feísmo onde comeza a habela, que hai un certo morbo, un pouco de disfrute.

Anónimo dijo...

O que había que empezar a estudiar non é o feismo de xente que non ten cartos para rematar a casa ou que precisa un alboio para garda-lo tractor; era hora de empezar a satirizar o feismo oficial, os edificíos públicos contratados a prestixiosos arquitecos que atentan igualmente contra o gusto, a paisaxe e, ademáis, contra as arcas públicas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
(www.asuvasnasolaina.blogspot.com)

juan l. blanco valdés dijo...

Estimado Highway,

Non creo que se poida acusar a este blog de non dar cumprida conta do moito que de bo e fermoso ten este país e de non manter unha posición construtiva acerca das posibilidades de corrixir o malo e feo. Pero o que, dun xeito se mo permites un chisco reducionista, atribúes ao "feísmo" é, do meu punto de vista, un problema -aínda diría un fenómeno- de raigame máis profunda, relacionada co abandono sistemático (e lóxico, por outra parte) dun tipo de mundo (ollo á expresión: un tipo de mundo, unha imago mundi concreta) -o mundo rural, dotado de elementos antropolóxicos que noutras latitudes teñen sobrevivido e convivido harmonicamente cos elementos da vida moderna-, por outro, o mundo urbano do consumismo e a modernidade, abandono no que aquel -o mundo rural- perdeu todo o que de bo tiña e non gañou, na transformación, moitos dos elementos máis positivos da vida urbana. Xerouse, do meu punto de vista, un híbrido (o mundo rururbano, o "salpicón" chámanlle os xeógrafos urbanos), do cal o feísmo non é máis ca a punta do iceberg, ou, en todo caso, unha manifestación máis. A pandemia de eucaliptos, o destrozo urbanístico sistemático, a saña contra o medio natural, o odio profundo do labrador a un mato ao cabo inservible, a horrible praga de lumes do último verán, os portos cheos de lixo, as praias comestas do plástico que os mariñeiros tiran ao mar... Lembro que unha vez, en certa pequena localidade costeira, intentei deixar o coche no "salido" dunha casa con visos de ter sido algunha vez un modesto xardincillo e, nesa altura, un esterqueiro de lixo, terra seca e plantas murchas. De verdade que o vehículo non molestaba nin entorpecía nada. Saíu á porta unha señora que, de mala maneira, convidoume a retirar o coche. Cando, francamente amoscado, lle fixen un comentario sobre o lóxico da súa solicitude vendo o bonito que tiña o xardín, contestoume aínda máis picada:
-Será bonito ou será feo, pero é meu!
Esta é a materia prima, o extracto seco primitivo, diría un fabricante de cervexa.
A miña intención é sacudir conciencias, nada máis.
Un saúdo cordial e grazas polo teu punto de vista.

Estimado F. Míguez:
Hai unha miseria máis profunda e máis nociva ca a económica (a cal, polo demais, hoxe non existe en Galicia): a miseria mental e vital. Non digo que o argumento do labrego asoballado non xustificase cousas en tempos de Vilar Ponte. Hoxe non.
Sobre o feísmo da megalomanía oficial (e en xeral de moitos dos produtos da arquitectura pública oficial), estou plenamente de acordo con Vde.
Obrigado pola súa visita e comentario.

Anónimo dijo...

Ola
Primeiro, non había acusación ningunha cara a este blo. É aclaración, non desculpa: estamos entre amigos.
Segundo, escribes moi, moi ben. Non son moi letrado, mais penso que salta á vista.
Terceiro, dun xeito raro das sempre coa frase/anécdota exacta que explica o mundo. Eu, que ando á caza, sinto unha enorme envexa cada vez que tiras delas. "Será bonito ou será feo, pero é meu" resume, coido, todo o que de tráxico ten o estado do país. Fico, unha vez máis, abraiado (e fago miña a anécdota, co seu permiso. E van...)

Anónimo dijo...

Perdón por dar a lata, pero é que atopei este exemplo claro de autoestima e optimismo bravú e non me puiden resistir. É a intro de presentación da páxina web do concello de Cedeira: www.cedeira.org
Esto mais ca un comentario merecería un pos, pero en fin.