Lembraba eu hai non moito, dende unha perspectiva na que me interesaba
arrimar el ascua a mi sardina, a figura de António de Oliveira Salazar. Pois ben, para a miña sopresa, e supoño que a de moitos, nun concurso da primeira televisión portuguesa, a RTP, ―
«Os Grandes Portugueses», um programa que vai eleger – com o seu voto – a personalidade mais marcante da História de Portugal― o ditador gañou con diferenza (160.000 votos) sobre outros
vultos do volume de Pessoa, Camões, Vasco da Gama, Afonso Henriques, don João II ou o Marquês de Pombal. O máis sorprendente ―ou tal vez o máis congruente?― é que o número dous da escolma resultou ¡Álvaro Cunhal! Non hai cristo que o entenda? Ou é que se entende demasiado ben?
Haberá que adaptar o verso machadiano?:
Portuguesinho que vés ao mundo
te guarde Deus
um dos dois Portugales
há gelar o teu coração.
Mellor non probar en España, ou?
12 comentarios:
Pois mellor non probar en España, por se acaso. O de Salazar e Cunhal a min tampouco me estraña tanto: ás xentes populares gústanlles as personalidades fortes, contundentes. Cantos galegos admiraban por igual, poñamos por caso, a Manuel Fraga e a Fidel Castro?
É moi certo o que dis, Marcos, non o pensara, e o exemplo do estraño idilio Fraga-Fidel é boa mostra. Con todo, tampouco eu catalogaría a do gris e anodino Salazar como unha personalidade forte ou contundente. Vénme máis ben á cabeza, sobre esa rara tendencia bipolar ibérica, aquela fermosa moda do varredor do xenial Fausto e o seu extraordinario elepé "Madrugada dos Trapeiros", do que tantas lembranzas gardo e que reputo unha obra mestra do folk-pop europeo do tempo:
Portugal tem o costume
de viver com dois extremos
os que lucram com o estrume
do lixo em que nós vivemos.
Supoño que non é difícil repartir os roles entre a quen representaba Cunhal e a quen Salazar.
Obrigado á visita e comentario.
Con Franco se vivía mejor
E ademais acabo de ler (En "El Mundo" do mércores) que quedou relegado ó terceiro posto o diplomático luso Arístides de Sousa Mendes, que axudou a miles de xudeus perseguidos na Alemania nazi, contra as ordes do propio Salazar. Din tamén nese xornal que o programa tamén se fixo noutros países como Holanda, Alemania, Estados Unidos: en Alemania tiveron a sensatez de eliminar da lista o nome de Adolf Hitler co argumento de que "non se admitían personaxes que non respetaran os Dereitos Humanos". Saúdos.
Fausto era aquel de
"Assim se faz Portugal,
uns van bem e outros mal".
Marcos:
O de Sousa Mendes é un consolo, si. Pero, en xeral, o experimento luso, como os seus homólogos anglosaxóns dos que falas, acenan cara o complicadiños e diferentes que somos os seres humanos e, non sei, o substrato de crenza na forza da dominación que supoño todos levamos dentro. A opinión de Gallego Sabio (tras a que non sei se non haberá simples ganas de "epater"...) podería ser representativa da de moitos españois da época, seducidos por aquilo do gran Manrique de que "a nuestro parecer / todo tiempo pasado fue mejor".
Ao respecto, lembro a un señor moi maior que coñecín en Braunschweig e que fora suboficial das SS no "Vernichtungslager" de Chelmno (o fulano era coñecido do pai dunha noiva que tiña eu por entón nesa cidade baixosaxona), que unha tarde, despois de dúas ou tres "grossen pils", confesounos que os anos do nazismo foran, sen dúbida, os anos máis felices non só da súa vida, senón da de moitos alemáns da súa quinta que, non obstante, non ousaban confesalo.
En fin. Recoñezo que a min aquel testemuño impresiounoume.
Arume: ese é, en efecto,Fausto. Un disco que me enche de saudade de anos marabillosos.
Saúdos.
Meu Dylan, Juan: saíches cunha alemanota! Hainos con sorte! Unha Froinlain con coletas, supoño. Quen te vería corretear pola Selva Negra.
Highway,
Pois a verdade é que de alemanota clásica tiña ben pouco. Era delgada, de cabelo e ollos castaños, e de aspecto máis francés ou sureño ca nórdico. De feito as súas orixes eran semifrancesas (a nai era da zona do Sarre, ou Saarland en alemán) e rusas (por parte de pai; o seu apelido -hoxe coñecido pois é unha xornalista e escritora de éxito en Alemaña- é Jaskulla). En troques, o meu pelo loiro, "cabeza cadrada" e aspecto nórdico daban lugar a infinidade de anécdotas divertidas coas que nos riamos moito. Lembro que un verán nun cámping da Costa da Morte ao que chegamos nun "Käfer" de matrícula alemana, o tipo da recepción aos dous días xa non se aguantou máis e díxome:
-Tu novia habla bien el español, pero lo que es increíble es cómo lo hablas tú. ¡Si hasta tienes acento gallego y todo!
Eu, por lle evitar un certo bochorno (e tamén por un puntiño de "jeu d'esprit") oculteille que era da Estrada.
Apertas.
Abondando na fasquía xermana do amigo Xoán, lembro un bo sucedido.Debeu ser por Ribeira ou outro punto da costa nos tempos do mundial de España. Un xigantón de rostro vermello veunos sentados na terraza dun bar e comezou a berrar Rummenigge! Rummenigge! E ben que o parecía.
Que tempos!
En efecto, Manolo, lembro moi ben a anécdota. Sonche as cousas de ser de raza rubia galega (como as vacas...). O tempora, o mores! Apertas.
Con Franco vivíamos mejor
Antonio Sardinha, portugués universal
Publicar un comentario