20.3.07

Con Isaac. Cos traballadores do Instituto Galego de Información

Anunciaba hai días unha desconexión involuntaria desta bitácora. Conecto de novo con carácter de urxencia. Fago tempo como podo para , modestamente dende estas páxinas que pouca (pero creo que selecta) xente le, solicitar un clamor en apoio e solidariedade dun home e dun conxunto de traballadores que son e representan no noso entorno cultural contemporáneo algo máis ca un home e un feixe de contratos. Neste país calamos demasiado. Con Isaac. Cos traballadores do Instituto Galego de Información.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2936&pIdSeccion=5&pIdNoticia=124595&rand=1174369644333

torredebabel dijo...

pois a enfermidade do silencio sánase con berros. E poucas causas mellor cá esta.

juan l. blanco valdés dijo...

En efecto, poucas causas mellor. O outro día estiven con Isaac na presentación do seu volume "Crónicas inconformistas" (último premio Blanco Torres de Xornalismo de Opinión, publicado por nós na Universidade), con Charo Portela, con Alfonso Mato, con Gloria, con tantos vellos colaboradores do Instituto Galego de Información. Isaac, todos preocupados, acosados por unha realidade absurda. Alén do fondo concreto, non hai dereito a amargurar os últimos anos dun ancián que a mantenta nunca fixo mal a ninguén e que é probablemente o personaxe público máis querido hoxe en Galicia.
Alá os seus acosadores e os seus erros de estratexia. O tempo cobrarallos.
Saúdos dende a terra e o ceo da Amaía.