Qué é a modernidade? É tal vez un acto de vontade e un pode ser moderno botando man dun atavío especial, dunha fala especial, dun xeito de vivir especial? Que quere dicirse cando se di que Pedro Almodóvar é a icona [quen cojones decidiu que fose feminino??] da modenidade española? Por que un tío ou tía que anda de lo last nos parece moderno? Ou a cuberta dun libro (é un caso real) que imita o papel pintado das películas de Esperanza Roy é moderna? Sub voce moderno declara o dicionario: aplícase a unha cousa que é propia do tempo actual ou a unha persoa que adopta os novos usos, gustos ou avances máis recentes. Non parece dable, consonte o lexicógrafo, atribuír modernidade a algo antigo. Creo, en revanche, que si. Cando, en definitiva, convive o fisicamente antigo co inmanentemente moderno falamos de intemporal, ou clásico. E case todo o intemporal ou clásico ten o vinco do xenio. Así é que -recompoñendo as liñas- o clásico é intemporal, o intemporal antigo, e o antigo cando é moderno é xenial.
Poñamos por caso:
La miseria del pueblo español, la gran miseria moral, está en su chabacana sensibilidad ante los enigmas de la vida y la muerte. La vida es un magro puchero. La muerte es una carantoña ensabanada que enseña los dientes. El infierno un calderón de aceite albando donde los pecadores se achicharran como boquerones. El cielo una kermés sin obscenidades a donde, con permiso del párroco, pueden asistir las Hijas de María. Este pueblo miserable transforma todos los grandes conceptos en un cuento de beatas costureras. Su religión es unha chochez de viejas que disecan el gato cuando se les muere.
Foi escrito antes de 1920. Pode un texto ser máis intemporal? Máis clásico? Máis xenial? Máis... moderno?
7 comentarios:
Hai que quitarse o cráneo, obviamente.
Qué nos dí daquela da postmodernidade? Atrévese con ela?
Carallo, ao entrar no blog no canto dun reclinatorio vin unha guillotina. Vou limpar os "espejuelos" que diría meu pai empregando un cubanismo
Podería ser, Miguel podería ser. O mesmo ten. Amigo Caosemdono: iso da postmodernidade son palabras maiores para min. Lémbrame aquel clásico do xenial Chumi Chúmez:
-¿Me prestas 1000 pesetas?
-Yo no manejo esas cifras macroeconómicas.
Arume: cráneo privilegiado! Déixeo no seu sitio.
Serig.
Case se me escapa. Pregunta por quen inventou o de iCona. Está claro: o gran Steve Jobs.
A iCona é un novo e revolucionario concepto en diseño e entretemento, que incorpora por vez primeira a tecnoloxía Plug&Play, unha vella reivindicación dos usuarios deste tipo de dispositivos. Outra mellora é a presentación da superficie táctil (TouchSkin, en inglés) que mediante un contacto directo sobre ela permite a entrada de datos e ordes ao dispositivo. A iCona 3.0 (en fase beta) trae incorporado o xa popular disparador periférico iChest, o que facilita considerablemente o uso do dispositivo.
Estas e outras novidades poden ser consultadas en www.iCona.com, onde poderá consultar unha útil e eficaz "iCona´s Guided Tour" traducida enteramente ao galego.
Amigo: este comentario sobre a nova tecnoloxía iCona non pode ficar no ostracismo dun mero comentario. Eu, co seu permiso, o elevaría á categoría de post, coa indicación, por suposto, da súa autoría. Agardo pola súa cesión de dereitos.
Hylen.
Por favor, amigo Juan: ten vostede tódolos parabén para facer o que quera co meu comentario (doulle ata permiso para apropiarse del se cre que iso lle vai reportar algún tipo de beneficio).
Iso si, despois de volver a lelo e de reflexionar fondamente sobre o mesmo, penso que debería cambiar o de iChest por iPeito. Escolla vostede. Tamén engadiría algo (máis) de retranca ao de "totalmente traducido ao galego", pero non se me ocorre nada. Seguro que a vostede si. E que a min, o da retranca, non se me dá moi ben.
Publicar un comentario