27.5.09

Jabi, o cerdalí

O marco natural: terras da Barcala nicrariense. O prota: un cruzamento entre porca e xabarín. A este xénero de bicho chámanlle popularmente cerdalí (fantástico acrónimo de cerdo e jabalí; o equivalente galego podía ser porcarín, de porco e xabarín). Este cerdalí en cuestión chámase Jabi (enxebrísima mestura apocopada e gheísta de Gabriel, advocación natalicia do porcarín). Aliméntano cun biberón ad hoc feito cunha litrona de cocacola á que lle enchufaron unha tetina. O cerdalí é albino. E os seus donos quereno coma ser fora un cristiano.
Miña terra galega (póñalle a música de Sweet home Alabama, porfa). Tres glosas:
a) se Deus non ri non é home de humor.
b) non pode existir outro país así.
c) e Babe protaginozou unha peli? Sería porque é americano... Jabi si que tiña méritos para ser unha estrela do celuloide.
(Fonte e foto: El Correo Gallego).

4 comentarios:

Miguel Vila (Colineta) dijo...

A semana pasada en Pamplona, nunha cea con bloggers de Cataluña e Valladolid, deixámolos acoghonados cun feixe desta historias surrealistas galegas. Mágoa que daquela non sabíamos de Jabi...

Iacobus Von der Stein dijo...

Noraboa polo 601.
No Lugo dos primeiros 60, nunha casa de Magoi que está onde agora escomeza o Campus Conventus Cacha Arriorum Lucensis, un cazador tiña na súa casa dos lobiños que se quedaron ca súa nai logo de serem abatida. Os cativos no recreo íamos ollalas crías que estaba na currada xugando continuamente chupa que te chupa dos biberóns.
Non sei a sorte que correron, e non é por foderlle a entrada pero Jabi daba un con guiso

o de antes dijo...

Quería dicir un BON GUISO

juan l. blanco valdés dijo...

Home, Iacobus, sobre o do bo guiso co pobre Jabi, habería que meter en danza ao amigo Miguel Vila 'Colineta': non sei ata que punto o cerdalí-porcarín será unha carne culinariamente aceptable, anque con eses antecedentes (porco-xabarín) debe ser caprice des dieux. Que opinas, Miguel?