22.5.09

The captain of her heart


Dicía o extinto Antonio Vega que pola noite baixaba ao Penta a escoitar canciones que consiguen que te pueda amar. Quen non lembra cancións así?
Nos oitenta fíxenme un home e, nese transo cimarrón dos vinte aos trinta, pasáronme boa parte das cousas máis excitantes, estrañas, algunhas horribles, ridículas, heroicas, estúpidas e marabillosas do lapso que é a vida. Esta é unha pequena homenaxe á decada prodixiosa. Con ela van os meus desexos de boa finde.

2 comentarios:

apicultor dijo...

Amigo Juan Luis, aínda que o pasado xa non é o que era, confese que tivo un arrebato françoisvilloniano de melancolía.

juan l. blanco valdés dijo...

Tiven un arrauto, si, de melancolía (á que son proclive), que non acerto a adxectivar de xeito tan culto coma vostede, pois son profano absoluto en Villon. Talvez vostede poida ilustrarme de xeito máis incisivo ca a Wikipedia.
Obrigado e saúdos.