2.9.08

A little bit of vanity

Un spa de luxo para as nosas mentes preguiceiras e entumecidas pola profusión de discursos tan pobres e monocordes que adoitan publicarse nos medios convencionais. Iso pensa a miña culta e sensible colega blogger Ana Bande desta bitácora. Brillante metáfora dun blog, con independencia da aplicación concreta a estas miñas indefensas páxinas. A verdade é que se trata, en calquera caso, dun spa con ben pouca mentalidade empresarial e, de certo, permanentemente a piques de peche pola súa escasa rendabilidade… Aí estamos. Haberá que pensar en ofertas de fin de semana e circuítos termais?
O alento necesario. Fondamente obrigado, Ana.

7 comentarios:

Ana Bande dijo...

Ja...benvido ao clube jarviqueiteliano (os erros da ortografía teñen, evidentemente, un sentido críptico). Próximamente vaise celebrar un ritual iniciático do que xa falaremos "comme il faut". ¡apertas! e benvido. O agradecemento e os adxectivos que me agasalla sonlle moi ben recibidos, son sinceira, góstame que me queiran ben.

Anónimo dijo...

Home, Juan Luis, non estará pensando en pechar o chiringuito... Xa sei que ten que ser duro -e ás veces non moi gratificante- pensar un texto e logo escribilo, e facelo ademais cunha certa continuidade. Mais ten lectores atentos e agradecidos. En todo caso, espacie, se quere, un pouco máis as entradas, pero non peche o garito.

Unha aperta.

juan l. blanco valdés dijo...

Fico á espera entón, Ana, do ritual iniciático. Agardo que sexa unha cousa normalita e non inclúa prácticas SM e cousas raras, pois un é máis ben tradicional... Os adxectivos cos que te agasallo son sinceiros e ben merecidos.
Api: de novo fondamente obrigado polos azos. Só con telo a vostede de lector e contertulio daríame por satisfeito e pagaria a pena non pechar o balneario. Apertas.

Anónimo dijo...

Grazas polas súas palabras, abondo esaxeradas e que só se explican pola súa xenerosidade.

Apertas.

juan l. blanco valdés dijo...

Non, non, Api. De esaxeradas nada. Nunha blog (na vida, creo, en xeral) o de menos é a cantidade. O que importa é a calidade.
Apertas.

Anónimo dijo...

Xa sabe aquel dito de Woody Allen sobre a cantidade e a calidade.

juan l. blanco valdés dijo...

Api, desculpe, pero non coñezo o dito do gran Woody.