16.2.11

Stylus & Tabella

Nunhas recentes xornadas sobre e-publicacións na Administración, o co-fundador de Dosdoce.com, Javier Celaya, ditou unha interesante conferencia da que, noutro post, falarei máis polo miúdo, pois debullou temas, suscitou reflexións e proporcionou datos especialmente significativos. Para os efectos do meu pensamento de hoxe, quero salientar o que Javier, facendo seu un concepto habitual no mundo anglosaxón, denominou taxa de conversión, en referencia á ratio de lectores que progresivamente van aceptando o soporte dixital como interfaz frecuente de lectura e, na mesma proporción, abandonan o papel, ou sitúano en plano secundario. Tendo en conta que no Reino Unido existen na web, nun cálculo moi aproximativo, 500.000 títulos dispoñibles como ebook, mentres en España podemos falar de 60 ou 70.000 todo o máis, non é doado inferir qué diferenza proporcional pode existir na taxa de conversión impreso-dixital entre o noso país e a pérfida Albión.
En calquera caso, non cabe a reversión desta taxa, e que a súa dirección se invista, retornando de novo ao punto de partida? Non digo, ollo, que isto sexa desexable, nin sequera aventuro que sexa posible, pero o certo é que unha característica inherente aos procesos complexos é a súa absoluta falta de linealidade. Noutras paraxes e en varias catacumbas ás que teño transladado a miña prédica, referinme á circularidade na evolución das tecnoloxías. Unha imaxe metafórica predilecta é da semellanza física entre unha vella pizarra escolar e o monitor do máis moderno ordenador; con aquela, un anaco de lousa escura arrodeado dun bastidor de madeira, comecei eu mediando os anos sesenta a miña práctica lectoescritora; neste, accedo ao ciberuniverso e me interrogo sobre o futuro dixital, apenas corenta anos despois. Mire vostede a imaxe deste post: a belísima moza pompeiana que mordisquea coquetamente o seu stylus, mentres na man esquerda terma da súa tabella:
Si la mirada de la joven romana que nos observa desde uno de los frescos pompeyanos más conocidos, por uno de esos azares espacio-temporales a los que nos tiene acostumbrados el cine, acabara recalando en la sociedad moderna de principios del año 2010, se encontraría ante algo que le resutaría enormemente familiar. Y es que, en un momento histórico dominado por la tecnología y ante un panorama prácticamente irreconocible, vería que algunos de nuestros contemporáneos siguen practicando la vieja costumbre de tomar notas con una especie de punzón con el que escriben sobre una extraña tablilla electrónica a la que llaman PDA, Smartphone o Tablepc. En esencia, y salvando las abismales distancias que separan su época de la nuestra, esa joven del pasado grecorromano se encontraría ante los mismos gestos, el mismo instrumento y el mismo soporte que ya se utilizaban en vida de Pericles o de Trajano. Como si un soporte de escritura, que a fin de cuentas es el más antiguo que conocemos, hubiera vencido el paso inexorable de los años (J. C. Iglesias Zoido: El libro en Roma y Grecia. Soportes y formatos, Cáceres: Universidad de Extremadura, 2010, p. 21)
Comprender que a evolución tecnolóxica non é máis ca unha perpetua mudanza, de natureza basicamente circular -facer o mesmo con medios diferentes- pode axudar a non perdermos o norte e camiñar na dirección axeitada. A min, cando menos, me axuda.

4 comentarios:

Javier Celaya dijo...

Muchas gracias por tus amables palabras. Fue un placer compartir mis reflexiones sobre el futuro de la edición digital

Turmano dijo...

Estamos tan deslumbrados pola "tecnoloxía" que acabamos perdendo a perspectiva do que realmente é: unha ferramenta, máis relacionada co accidente que coa esencia. Metemos a PDA e a pizarra electrónica nun aula e agardamos que o ensino mellore de súpeto, que o rendemento escolar se dispare e que tódolos profesores se convirtan en mestres. E non. Evidentemente non. Substituimos 30 quilos de libros e libretas por un aparato de 500 gr. e facemos desaparecer o xiz para ledicia de asmáticos, o cal é unha gran mellora. Engadimos velocidade e accesibilidade á información, o cal é un avance. Pero o demais non depende da "tecnoloxía".

juan l. blanco valdés dijo...

Saludos, Javier, y gracias por la visita.
En efecto, Turmano, esa é unha das patas da mesa: crermos que a tecnoloxía vai ser a panacea e a solución ao fracaso escolar, ao rexeitamente da lectura, etc. Así é que, nos foros sobre ebooks e lectura dixital, óese falar de todo menos de libros.
Obrigado pola visita e o interesante punto de vista.

suhotone dijo...

I really enjoyed this post. You write about this topic very well. There are many cherished moments in life, why not wear a beautiful dress! When looking back on special memories of your child wearing a gorgeous dress, it will make a fond memory.

aroma essential oils